Movemento 19 de Abril
Movemento 19 de Abril | |
---|---|
Tipo | movemento guerrilleiro |
Ideoloxía | nacionalismo de esquerdas e Foquismo |
Data de fundación | 1970 |
Data de disolución | 1990 |
País | Colombia |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Movemento 19 de Abril, coñecido polo seu acrónimo M-19 ou simplemente «O Eme»,[1][2][3] foi unha organización guerrilleira urbana colombiana, xurdida despois das irregularidades nas eleccións presidenciais do 19 de abril de 1970 que deron como gañador ao oficialista da Fronte Nacional Misael Pastrana Borrero sobre o candidato opositor Gustavo Rojas Pinilla e que derivaron dunha fraude electoral orquestrada polo alto goberno e os partidos tradicionais.[4][5][6] O movemento participou no conflito armado en Colombia dende xaneiro de 1974 até a súa desmobilización en marzo de 1990. O grupo especializouse como guerrilla urbana, e nos chamados 'golpes de opinión'.[7][8]
As ideoloxías do movemento eran o nacionalismo e o socialismo democrático, o seu obxectivo primordial era instaurar unha democracia en Colombia, con diferenzas aos outros grupos guerrilleiros do país, actuaron en conxunto con estes, nalgunhas ocasións como parte da Coordinadora Nacional Guerrilleira (creada en 1984) e a Coordinadora Guerrilleira Simón Bolívar (creada en 1987).[9][10]
Entre as súas accións armadas máis coñecidas foron: o roubo da espada de Bolívar (coa que se deron a coñecer) en 1974, o roubo de armas do Cantón Norte en 1979, a toma da Embaixada da República Dominicana en 1980, o afundimento do barco El Karina, o secuestro ao avión de Aeropesca e o secuestro de Martha Neves Ochoa en 1981, a batalla de Yarumales en 1984, a toma do Palacio de Xustiza en 1985 (que marcou un punto de inflexión na súa historia, ao ser tomado por este grupo e retomado pola Forza Pública terminou co incendio do edificio, a morte dos maxistrados da Corte Suprema de Xustiza e de varios guerrilleiros, militares e civís, e a desaparición de 11 persoas), o batallón América en 1986 (co Movemento Armado Quintín Lame, Alfaro Vive Carajo de Ecuador e o Movemento Revolucionario Túpac Amaru do Perú), a conformación da Coordinadora Guerrilleira Simón Bolívar en 1987 e realizaron varios secuestros a políticos, diplomáticos, empresarios e xornalistas. Participaron en dous acordos de paz: os acordos de Corinto en 1984, e o proceso de paz que finalizou coa súa desmobilización e abandono de armas en marzo de 1990. O éxito cultivado nestas negociacións de paz tamén foi un referente na historia de Colombia.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "RECUERDOS DEL EME". Semana.com Últimas Noticias de Colombia y el Mundo (en castelán). 1996-01-01. Consultado o 2020-10-03.
- ↑ "EL LEGADO DEL EME". El Tiempo (en castelán). 1998-04-19. Consultado o 2020-10-03.
- ↑ "EL EME Y LA POLÍTICA". El Tiempo (en castelán). 2004-10-15. Consultado o 2020-10-03.
- ↑ "Aquel escandaloso fraude electoral". ELESPECTADOR.COM (en castelán). 5 de marzo de 2018. Consultado o 3 de maio de 2020.
- ↑ "Las elecciones de 1970 en la memoria". Señal Memoria (en castelán). Consultado o 3 de maio de 2020.
- ↑ "Presidente Misael Pastrana en medio de polémica por fraude electoral". Radio Nacional de Colombia (en castelán). 18 de outubro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2018. Consultado o 8 de setembro de 2019.
- ↑ Bushnell, David. (2005). Colombia, una nación a pesar de sí misma: de los tiempos precolombinos a nuestros días. Planeta. ISBN 958-42-0749-0. OCLC 1025969368. Consultado o 2020-10-03.
- ↑ Tiempo, Casa Editorial El (24 de setembro de 2010). "M-19 Una guerrilla sin precedentes". El Tiempo (en español). Consultado o 9 de setembro de 2019.
- ↑ "Encyclopedia of U.S. - Latin American Relations". CQ Press. 2012. Consultado o 12 de agosto de 2022.
- ↑ Herrera, Dario Villamizar (2017-09-12). Las guerrillas en Colombia: Una historia desde los orígenes hasta los confines (en castelán). Penguin Random House Grupo Editorial Colombia. ISBN 978-958-8931-97-5. Consultado o 2020-10-05.
- ↑ "15 lecciones del proceso de paz con el M19". www.centrodememoriahistorica.gov.co (en alemán). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 18 de outubro de 2019.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Movemento 19 de Abril |