Saltar ao contido

Movemento Social Italiano-Dereita Nacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Movemento Social Italiano-Dereita Nacional
Logo
AcrónimoMSI e MSI-DN
Tipopartido político
IdeoloxíaNacionalismo italiano, neofascismo, conservadorismo social e Corporativismo
Data de fundación26 de decembro de 1946
Data de disolución27 de xaneiro de 1995
Presidente/a
Gianfranco Fini (-) Editar o valor en Wikidata
g.svg|10px|baseline|Editar o valor en Wikidata|link=https://www.wikidata.org/wiki/Q1126102?uselang=gl#P488]]
Nº de membros202.715 (1993) Editar o valor en Wikidata
SedeRoma
PaísItalia
editar datos en Wikidata ]

O Movemento Social Italiano, denominado desde 1972 Movemento Social Italiano-Dereita Nacional (Movimento Sociale Italiano-Destra Nazionale) foi un partido político italiano neofascista fundado o 26 de decembro de 1946 por antigos dirixentes da República Social Italiana e do movemento fascista italiano, o prohibir o goberno provisorio o Partido Nacional Fascista. O seu primeiro dirixente foi Giorgio Almirante. Mantiña o programa socializante, anticapitalista e antiburgués elaborado no I Congreso do Partido Fascista Republicano en novembro de 1943 coñecido como a Carta de Verona, nun primeiro momento negouse a recoñecer a lexitimidade da nova república, manténdose leal ao fascismo da República de Saló, e xogando un papel destacado no movemento nacionalista paneuropeo impulsando o Movemento Social Europeo, a Nova Orde Europea e o Partido Nacional de Europa. Moitos membros e simpatizantes do MSI estiveron envolvidos na estratexia de tensión durante os coñecidos como anos de chumbo.

Tradicionalmente coexistían no seu interior catro tendencias principais, a centrista de Arturo Michelini, a tradicionalista, a nacional de Giorgio Almirante e Pino Rauti e a conservadora de Ezio Gray.

Nas primeiras eleccións ás que se presentou, en 1948 sacou o 525.000 votos, o 2% dos votos na Cámara dos Deputados e o 0,8% no Senado pero coa desaparición da lista de Uomo Qualunque o MSI aumentou a súa militancia, en especial no sur onde contaba co apoio dos grandes propietarios de terras en resposta ás protestas e ocupacións de terras dos campesiños apoiados polo PCI.

En 1950 fundouse na súa órbita un sindicato, o CISNAL, dirixido por un deputado do MSI, Giovanni Roberti. Nas eleccións de 1953 sacou o 5,8% dos votos, pasou a ser secretario do MSI Arturo Michelini, o partido aceptou a OTAN, apoiou os gobernos da DCI.

En 1970 o MSI abandonou o saúdo fascista e a camisa negra, aceptou o sistema democrático en Italia e en 1972 formou unha alianza co Partido Democrático Italiano de Unidade Monárquica adoptando o novo nome de MSI-DN e obtivo nas eleccións de 1972 os mellores resultados electorais da súa historia, o 8,7% dos votos, o que lle valeu 56 deputados e 26 senadores.

Disolveuse en xaneiro de 1995 dirixido por Gianfranco Fini para dar paso á Alianza Nacional de corte neoliberal e que aceptaba o réxime democrático, o que supuxo a saída dos elementos que regardaban a tradición fascista para fundar Fiamma Tricolore.