Movemento polo software de código aberto
O movemento polo software de código aberto fundamenta a súa filosofía no principio de que ao compartir o código, o programa resultante tende a ser dunha calidade superior á do software privativo dende un punto de vista técnico.
Os programas de código aberto son un compendio das habilidades de programadores e mailas suxestións de usuarios de todo o mundo, o cal fornece de calidade o produto final, e dá ao seu desenvolvemento un punto de vista máis global. Da outra banda temos o software libre, que se artella baixo un ideal completamente distinto: o software privativo, ao non poder compartirse libremente, vai en contra das normas morais.
A súa visión do software de código aberto quedou plasmada no seu decálogo, que establece unha serie de condicións para considerar que un software é de código aberto de acordo coa súa visión do concepto. Estas condicións afástanse do simple feito de que o código estea dispoñible, e establecen unha serie de esixencias que se aproximan ao concepto de software libre.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Decálogo |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial da Open Source Initiative (en inglés).
- Definición de software de código aberto Arquivado 01 de outubro de 2006 en Wayback Machine. (en inglés).
- Crítica da FSF ao termo "código aberto" (en inglés).