Mrak
Mrak | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Мрак |
Director | Dusan Milic |
Produtor | Lene Børglum Debora Desio Stefan Kitanov Ivan Krstovic Mira Staleva Konstantina Stavrianou Snezana van Houwelingen Irini Vougioukalou |
Guión | Dusan Milic |
Intérpretes | Danica Curcic Slavko Stimac |
Fotografía | Kiril Prodanov |
Montaxe | Yanis Chalkiadakis |
Distribuidora | A_LAB Lo scrittoio |
Estrea | 2022 |
Duración | 104 minutos |
Orixe | Serbia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Mrak (en serbio: Мрак) é un filme serbio de 2022 dirixido e escrito por Dušan Milić. Conta a historia dunha familia serbia de Kosovo e Metohija e a súa loita pola supervivencia despois dos disturbios de marzo de 2004. Baséase en feitos reais.
Tivo a súa estrea mundial o 23 de xaneiro de 2022 no Festival de Trieste, onde gañou o Premio do Público. O 22 de febreiro presentouse no "FEST", onde recibiu o premio Belgrado ao mellor filme nacional.[1] A partir do 17 de marzo do mesmo ano, foi exhibido nos cinemas de Serbia, no aniversario dos disturbios de marzo, ao tempo que se proxectaba en todo o mundo.[2] Foi escollido como candidato de Serbia para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[3] mais finalmente non foi nomeado.[4][5]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A acción ten lugar durante os disturbios de marzo en Kosovo e Metohija despois da Pascua de 2004. Conta a historia dunha nena serbia, Milica, que, despois da desaparición do seu pai e do seu tío, queda coa súa nai e o seu avó nunha casa. A familia está custodiada por membros da Forza de Kosovo.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Danica Curcic como Vukica
- Slavko Stimac como Deda Milutin
- Miona Ilov como Milica
- Flavio Parenti como soldado italiano
- Fulvio Falzarano
- Ivan Zerbinati como soldado italiano
- Nikola Kent como Brendon
- Riccardo Maranzana como soldado italiano
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Premijera domaćeg filma "Mrak" večeras na FEST-u: Slavko Štimac govorio o svojoj ulozi". Telegraf.rs. 26. 2. 2022. Consultado o 20. 9. 2022.
- ↑ "Premijera filma "Mrak": Klaustrofobična alegorija o kosovskom pogromu". Euronews. 27. 2. 2022. Consultado o 20. 9. 2022.
- ↑ "Film "Mrak" srpski kandidat za nagradu Oskar". Filmski Centar Srbije. 20 de setembro de 2022.
- ↑ "Ovo je srpski kandidat za Oskara". Нова С. 20. 9. 2022. Consultado o 20. 9. 2022.
- ↑ "И ове године Србија остала без Оскара". Б92. 22. 12. 2022. Consultado o 24. 12. 2022.