Saltar ao contido

Muanda, República Democrática do Congo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMuanda, República Democrática do Congo
Moanda (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 5°56′S 12°21′L / -5.93, 12.35
EstadoRepública Democrática do Congo
Provincias da República DemocráticaKongo-Central
Territórios da República Democrática (pt) TraducirMuanda Territory (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación90.812 (2012) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal2007011 Editar o valor en Wikidata

Muanda ou Moanda é unha cidade que fica na costa do océano Atlántico na desembocadura do río Congo na República Democrática do Congo. É unha cidade situada na Provincia do Baixo Congo (en francés Province du Bas-Congo) e ten unha poboación de 50 000 habitantes. Muanda é coñecida polas súas praias. Conta cunha infraestrutura turística débil, pero isto non afecta ás actividades económicas da cidade xa que o turismo non é unha actividade económica principal.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A cidade de Muanda localízase a 8 quilómetros ao leste do pequeno porto de Bananas, na desembocadura do río Congo, e 6,5 quilómetros ao sueste de Point Kipundji.[1] A terminal de hidrocarburos de Moanda, que conta con varias plataformas, viadutos, un buque e un tanque permanente e esta queda a 10 millas ao suroeste de Point Kipundji.

Uns 100 quilómetros río arriba da cidade de Muanda, na marxe norte do río Congo, está a cidade de Boma, o segundo maior porto da República Democrática do Congo. A súa grande largura e profundidade do río Congo permite que os navíos que veñen polo mar que cheguen a Boma e ao seu maior porto, Matadi, a pesar da súa distancia da costa.

Segundo a clasificación climática de Köppen-Geiger, Muanda ten un clima tropical seco e húmido.

Datos climáticos para Moanda (altitude: 31m)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 31,3 31,3 32,1 31,9 30,8 28,1 26,3 26,3 28,1 30,2 30,3 31,1 29,82
Media diaria en °C 26,8 26,8 27,4 27,2 26,3 23,4 21,7 21,8 23,8 26,2 26,3 26,8 25,38
Media mínima en °C 22,4 22,4 22,7 22,6 21,8 18,7 17,2 17,4 19,5 22,2 22,4 22,5 20,98
Precipitación media mm 81 132 145 166 59 0 0 1 6 29 127 87 833
Fonte: Climate-Data.org[2]

Aeroporto

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Aeroporto de Moanda.

A cidade ten un aeroporto e o seu código IATA é o FZAG.[4]

  1. United States National Imagery and Mapping Agency (2001). "Sector 4: Cap Lopez to Ponta Albina". Publication 123: Sailing directions (enroute): Southwest coast of Africa (PDF) (8th ed.). Bethesda, Maryland. pp. 61–62. Consultado o 7 de xaneiro 2013. 
  2. "Climate: Moanda (altitude: 31m) - Climate graph, Temperature graph, Climate table". Climate-Data.org. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2013. Consultado o 2013-12-06. 
  3. "Climate: Moanda (altitude: 32m) - Climate graph, Temperature graph, Climate table". Climate-Data.org. Consultado o 2013-12-06. 
  4. "Moanda, Haut-Ogooué, Gabon" (en inglés). Consultado o 3 de maio de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]