Saltar ao contido

Mujeres Libres (revista)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Mujeres Libres
Cultura y documentación social

Portada do primeiro número.
Formato de páxinadobre columna
Nº de páxinas16
Fundación2 de maio de 1936
Remata1938, 1ª etapa
EditorialMujeres Libres
Tendenciaanarcofeminismo
Linguacastelán
LocalidadeBarcelona
Prezo40 céntimos
editar datos en Wikidata ]

Mujeres Libres era o título do órgano de prensa da organización anarquista española Mujeres Libres, fundada por Amparo Poch y Gascón, Lucía Sánchez Saornil e Mercè Comaposada i Guillén,[1] para espallar os seus puntos de vista e tivo unha clara orientación anarcofeminista[2] e tamén era partidaria da colectivización durante a Revolución Social española de 1936. O seu primeiro número saíu do prelo o 2 de maio de 1936[3] e, tiña como subtítulo "Cultura y Documentación social" o que indicaba a súa idea de espallamento da cultura. Pasou por tres etapas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Na primeira etapa, entre 1936 e 1938, publicáronse 13 números en total. O número 1 publicouse en Madrid mais, inmediatamente, a cabeceira trasladouse a Barcelona onde se publicaron os doce restantes.[4] Aínda que pretendeu ter unha periodicidade mensual, co comezo da guerra pasou a editarse irregularmente e a datación dos números tamén resultou rechamante empregando expresións como: "32 días da Revolución" ou "XI mes da Revolución.[5]

Aparecía como unha revista de mulleres para mulleres polo que só aparecían colaboradoras como Amparo Poch y Gascón, Federica Montseny, Emma Goldman,[5] Lucía Sánchez Saornil, Mercè Comaposada i Guillén, Mary Giménez, Carmen Conde, etc. O único home que se admitiu foi a Baltasar Lobo, un afamado escultor, como encargado dos grafismos. Posteriormente, no número 12 tamén incluíron poemas de León Felipe.[6]

A segunda etapa desenvolveuse entre 1964 e 1976, na que se volveu publicar no exilio; primeiro en Londres e, despois en Montadin e Capestanh, dúas localidades do Languedoc francés. Estaba dirixida por Suceso Portales e Sara Guillén e, entre as colaboradoras aparecían Lola Iturbe, Tomás Cano, Violeta Olaya e outros. Entre os fotógrafos, Kati Horna.[5]

Na terceira etapa, entre 1977 e 1978, retornou a Barcelona.

  1. Coordinadora per a la Memòria Històrica i Democràtica de Catalunya (2008). Aproximació a Mujeres Libres. Barcelona: CMHD. p. 221. OCLC 434132678. 
  2. Díaz-R. Labajo (2017), p. 503
  3. Asuar Gallego, Beatriz (24-12-2017). "Mujeres Libres: las anarquistas que revolucionaron la clase obrera". publico.es (en castelán). Consultado o 7-11-2019. 
  4. Tavera (2006), p. 62
  5. 5,0 5,1 5,2 Díaz-R. Labajo (2017), p. 504
  6. López & Nova & Sánchez (2019), p. 60

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]