Saltar ao contido

Mukaghali Makatayev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMukaghali Makatayev

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(kk) Мұқағали Мақатаев Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(kk) Мұхаммедқали Мақатаев Editar o valor en Wikidata
9 de febreiro de 1931 Editar o valor en Wikidata
Karasaz, Kazakhstán Editar o valor en Wikidata
Morte27 de marzo de 1976 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Almati, Kazakhstán Editar o valor en Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Nacional Al-Farabi Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta, escritor, tradutor Editar o valor en Wikidata
Premios

Mukaghali Makatayev, nado en Karasaz o 9 de febreiro de 1931 e finado en Almati o 27 de marzo de 1976, foi un poeta escritor e tradutor kazako.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha aldea da provincia de Almati, estudou filoloxía da Universidade Estatal de Kazakhstán e entre 1952 e 1969 traballou nun instituto como profesor de lingua rusa (1954-57) locutor na radio kazaka (1957), dirixiu o xornal Советтік шекара (1960-62) e foi colaborador literario de diversas revistas, como Мәдениет және Тұрмыс ou Жұлдыз. En 1970 entrou na Unión de Escritores de Kazakhstán. En 1973—1974 estudou no Instituto das Artes e Letras de Moscova.[1]

Publicou as súas primeiras obras poéticas en 1948, e a fama veulle co seu poema Аппассионата (1962). Ленин (1964) e Мавр (1970) son poesías dedicadas devotamente ás figuras de Lenin e Marx. Entre as súas coleccións de poesía salientan Армысыңдар достар (1966), Қарлығашым келдің бе? (1968), Дариға жүрек (1972), Аққулар ұйықтағанда (1974), Шуағым менің (1975), Өмір-дастан (1976), Өмір-өзен (1978), Жырлайды жүрек (1982), Шолпан (1984) . A súa prosa recolleuse no volume Қос қарлығаш (1988). Poeta popular, moitos dos seus poemas convertéronse en cancións.

Makatayev traduciu ao kazako sonetos de William Shakespeare (1970), poemas de Walt Whitman (1969), e A Divina Comedia de Dante (1971).

  1. Makatayev Mukaghali. Казахстан». Национальная энциклопедия, 3 том . Человек с книгой. Статьи и публикации(1998—2007) (Almaty: Қазақ энциклопедиясы). 2005. ISBN 9965-9389-9-7. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 12 de agosto de 2017.