Mundo Cão
Mundo Cão | |
---|---|
Orixe | Braga, Portugal |
Período | 2001 - ... |
Xénero(s) | Rock |
Selo(s) discográfico(s) | Som Livre, Editora Cobra |
Membros | Pedro Laginha Miguel Pedro Vasco Vaz Duarte Nuno Gonçalo Budda |
Mundo Cão é un grupo musical de rock portugués, formado en Braga no 2001, con voz do actor Pedro Laginha e letras de Adolfo Luxúria Canibal.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Todo comezou coa idea de Miguel Pedro de chamar a Pedro Laginha para vocalizar algúns temas que tiña compostos. Pedro aceptou e, en poucos meses, viron que poderían facer algo máis que un dúo e convidaron a Vasco Vaz, Budda e Canoche e, despois dalgúns ensaios, chegou Mundo Cão.
Coa axuda de Adolfo Luxúria Canibal (autor do nome da banda e das letras), gravan o primeiro disco co selo Som Livre no 2007 e, nese ano, fan numerosos concertos e participan en festivais como o Super Bock Super Rock, Paredes de Coura, Live Earth e outros. Vencen nos Globos de Ouro 2007 como mellor grupo revelación.
O segundo disco, A Geração da Matilha, conta con Adolfo Luxúria Canibal e Valter Hugo Mãe como autores das letras.[1]
Discografía
[editar | editar a fonte]- Mundo Cão (2007)
- A Geração da Matilha (2009)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CDGO. "A Geração Da Matilha - Mundo Cão". CDGO (en portugués). Consultado o 2022-04-23.