Murallas Reais de Ceuta
Aparencia
As Murallas Reais de Ceuta son un conxunto momumental da cidade autónoma de Ceuta, que data do ano 962 na súa parte máis antiga e a máis moderna do século XVIII.
O foso de San Filipe divide o conxunto monumental en dúas partes, á vez que divide tamén en dúas partes á cidade de Ceuta. Estas están unidas por tres pontes que o cruzan, dous no extremo norte e un no extremo sur da canle. Este foso caracterízase por ser navegable para pequenas embarcacións, o que acurta o camiño entre a baía norte e a baía sur da cidade, xa que de non existir este paso deberíase rodear a península de Almina.
Esta fortificación construíuse para defender o istmo que separa a península de Almina, onde se asentaba a antiga cidade, do continente africano.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Murallas Reais de Ceuta |