Museo Bode
Museo Bode | |
---|---|
Museo Bode. Ó fondo a Fernsehturm de Berlín | |
Coordenadas | 52°31′19″N 13°23′41″L / 52.521944444444, 13.394722222222 |
País | Alemaña |
Cidade | Berlin-Mitte |
Director | Max Jakob Friedländer |
Inauguración | 1904 |
Na rede | |
http://www.smb.museum/museen-und-einrichtungen/bode-museum/home.html e https://www.smb.museum/en/museums-institutions/bode-museum/home.html | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo Bode pertence ao grupo de museos da Illa dos Museos de Berlín, Alemaña.
Foi deseñado polo arquitecto Ernst von Ihne e rematado en 1904. Chamado orixinalmente o Kaiser-Friedrich-Museum en honor do emperador alemán Frederico III, o museo mudou o seu nome en honor do seu primeiro director, Wilhelm von Bode, en 1956.
Pechado por restauracións dende 1997, o museo foi aberto de novo o 17 de outubro de 2006. Agora alberga unha colección de esculturas, arte bizantina, moedas e medallas.
A colección de escultura mostra a arte do Oriente cristián (con énfase no Exipto Copto), esculturas de Bizancio e Rávena, as esculturas da Idade Media, o gótico italiano, e o primeiro Renacemento. Os derradeiros traballos do Gótico alemán están representados por Tilman Riemenschneider, tamén ten obras do renacemento alemán do sur, e arte barroca prusiana ata o século XVIII. No futuro algúns traballos seleccionados da Gemäldegalerie de Berlín integraranse na colección de escultura. Isto está baseado no concepto de Wilhelm von Bode das "salas de estilo", nos cales as esculturas, as pinturas, e a artesanía dunha época vense xuntos, do mesmo xeito que xeralmente facíase nas coleccións privadas da clase media alta.
Münzkabinett
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Gabinete Numismático de Berlín.
O Münzkabinett ("Gabinete Numismático") é unha das coleccións numismáticas máis grandes do mundo. O seu rango de tempos abrangue dende o principio da cuñaxe no sétimo século a. C. en Asia Menor ata os nosos días. Con aproximadamente 750.000 artigos a colección é un arquivo único para a investigación histórica.[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Vista nocturna
-
Vestíbulo da entrada
-
Escaleiras
-
O Pergamonmuseum e o Museo Bode, fotografía do ano 1951
-
O Museo en 1904
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Weisser, B. (2004). "The Berlin Coin Cabinet Reopens Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.". En ANS Magazine. 6 de decembro. American Numismatic Society.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Museo Bode |