Museo da Revolución
Aparencia
Museo da Revolución | |
---|---|
Coordenadas | 23°08′30″N 82°21′24″O / 23.141667, -82.356667 |
País | Cuba |
Cidade | A Habana vella |
Inauguración | 12 de decembro de 1959 |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo da Revolución é un edificio situado no centro da cidade da Habana, construído entre 1913 e 1920, que no seu tempo foi o Palacio Presidencial, e que dende 1959 acolle unha colección de material sobre a revolución cubana. Considerado o museo de historia máis importante de Cuba, nas súas máis de 30 salas hai unhas 9.000 pezas expostas. En 2008 recibiu uns 300.000 visitantes.