Museo de Arte Contemporánea de Niterói
Aparencia
Museo de Arte Contemporánea de Niterói | |
---|---|
![]() Vista aérea do MAC coa praia da Boa Viagem á esquerda. | |
Coordenadas | 22°54′28″S 43°07′34″O / -22.907777777778, -43.126111111111 |
País | Brasil |
Cidade | Niterói |
Inauguración | 1996 |
Superficie | 2500 metros cadrados |
Na rede | |
http://www.macniteroi.com.br | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo de Arte Contemporánea de Niterói (en portugués: Museu de Arte Contemporânea de Niterói) ou MAC, é un museo localizado na cidade de Niterói, en Río de Xaneiro, no Brasil. Foi deseñado polo arquitecto brasileiro Oscar Niemeyer coa axuda do enxeñeiro estrutural Bruno Contarini, sendo unha das últimas obras realizadas polo arquitecto.
Posúe unha colección de 1.217 obras procedentes da Coleção João Sattamini, un conxunto reunido dende a década de 1950 por este coleccionista. Conta tamén cun pequeno conxunto de 369 obras da Coleção MAC Niterói, formado a partir de doazóns de artistas que realizaron exposicións no museo.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O Acervo". Cultura Niterói (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 09 de decembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial do museo Arquivado 23 de decembro de 2018 en Wayback Machine. (en portugués)