Museo de León
O museo de León, situado na cidade de León (España), é o museo máis antigo da provincia e está dedicado a narrar a historia da mesma a través da arqueoloxía, a arte e a etnografía. Inaugurado en 1869, aínda que fundado a partir da actividade da Comisión Provincial de Monumentos de León no contexto da Desamortización decimonónica, desde 2007 atópase no coñecido como edificio Pallarés, no centro da cidade. Así mesmo, ten dous anexos: a vila romana de Navatejera, na localidade de Navatejera (no veciño municipio de Villaquilambre), e o antigo convento de San Marcos (León), que é a sede histórica do museo.
Instalacións
[editar | editar a fonte]Desde 2007, o museo posúe dúas instalacións na cidade de León: a súa sede, no edificio "Pallarés", e o seu anexo monumental ou sede histórica, no conventual de San Marcos. Por outra banda, dispón dun anexo arqueolóxico: a vila romana de Navatejera, no municipio de Villaquilambre, visitable a poucos quilómetros do centro da cidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museo de León |