Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba
Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba | |
---|---|
Coordenadas | 43°18′03″N 7°40′35″O / 43.300806, -7.676388 |
País | España |
Cidade | Vilalba |
Tipo | Arqueolóxico |
Administrador | Concello de Vilalba |
Na rede | |
http://www.museovilalba.org | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba é un museo municipal de Vilalba. As súas actividades céntranse na investigación, conservación e difusión da prehistoria e historia antiga de Galicia.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundado e dirixido polo médico e arqueólogo José María Ramil Soneira.[2] Dende o pasamento de Ramil Soneira en 2014, o director do centro é o seu fillo, Eduardo Ramil Rego.[3] A súa sede trasladouse á Rúa Dr. Domingo Goas, nº2 no verán de 2002.[4]
Exposicións
[editar | editar a fonte]A súa temática vai dende o Paleolítico ata a época romana no noroeste da Península Ibérica. Os materiais arqueolóxicos proveñen de depósitos particulares e das descubertas de escavacións arqueolóxicas promovidas polo museo ou outras entidades.
Conta cunha exposición permanente que ten a máis completa colección de materiais do Paleolítico ao Mesolítico de toda Galicia.[4] Contén tamén os restos da ocupación humana máis antiga de Galicia e o primeiro obxecto de arte atopado no país,[4] un colgante procedente da estación paleolítica de Férvedes II (Xermade). Está feito posiblemente de esteatita, é plano e ten forma oval. Ten un orificio de forma circular, supostamente para o cordón do que penduraba, e como decoración un trazo recto e vertical no centro das dúas caras, máis fondo dunha delas. É semellante a outras pezas de xacementos magdalenienses do Cantábrico.
Publicacións
[editar | editar a fonte]- Férvedes, unha revista científica editada polo propio museo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sitio web Arquivado 26 de abril de 2012 en Wayback Machine. do concello de Vilalba. Arqueoloxía.
- ↑ Mañana se oficiará en Santa María de Vilalba el funeral de entierro de José Ramil Soneira. Diario La Voz de Galicia, 27 de abril de 2014.
- ↑ "Presentan el libro póstumo de José Ramil Soneira", artigo en El Pregreso, 14 de abril de 2016 (en castelán).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 museos.xunta.gal (ed.). "Museo da Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba". Consultado o 31 de agosto de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |