Museos Capitolinos
Museos Capitolinos | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | museo de arte, museo arqueolóxico, museo e museo dunha entidade pública ![]() | |||
Parte de | Sistema de museos de Roma Capitale ![]() | |||
Instalacións | gardarroupa, cafetaría, libraría, edificio de arquivo, arquivo fotográfico, biblioteca e obradoiro de restauración ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | Italia | |||
Rexión | Lazio | |||
Cidades metropolitanas | Cidade metropolitana de Roma Capital | |||
Cidade fronteiriza | Roma ![]() | |||
Rúa | Praza do Campidoglio ![]() | |||
Código postal | 00186 ![]() | |||
Enderezo | Piazza del Campidoglio, 1 - Roma, Piazza del Campidoglio 1, 00186 Roma e Piazza Del Campidoglio 1, Roma ![]() | |||
Visitas | ||||
Prezo de acceso | 11,5 € ![]() | |||
Días abertos | todos os días da semana, 24 de decembro e 31 de decembro ![]() | |||
Días pechados | 1 de xaneiro, 1 de maio e 25 de decembro ![]() | |||
Accesibilidade en cadeira de rodas | accesíbel con cadeira de rodas ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1471 ![]() | |||
Inauguración | 1734 ![]() | |||
Dimensións | ||||
Superficie | 14.156 m² e 14.027 m² ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Fundador | Sisto IV ![]() | |||
Arquitecto | Michelangelo ![]() | |||
Visitantes anuais | 452.232, 516.420, 140.311, 450.095, 445.106, 191.739 e 411.217 ![]() | |||
Cadro de persoal | 48, 54, 42, 44 e 40 ![]() | |||
Patrimonio cultural | ||||
Ben cultural de Italia | ||||
Contacto | ||||
Páxina WEB | museicapitolini.org ![]() | |||
Teléfono | +39 060608 e +39-06-6710-3887 ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Os Museos Capitolinos (en italiano: Musei Capitolini) é un museo que contén un grupo de museos de arte e arqueoloxía situado na Piazza del Campidoglio, sobre o outeiro Capitolino de Roma, Italia. Os edificios históricos dos museos son o Palazzo dei Conservatori e o Palazzo Nuovo, un fronte ó outro na praza trapecial nun plan concibido por Michelangelo en 1536 e executado nun período de máis de 400 anos. A historia dos museos remóntase a 1471, cando o papa Sisto IV doou unha colección de importantes bronces antigos ó pobo de Roma e os situou no monte Capitolino. Dende entón, a colección dos museos medrou até incluír un gran número de estatuas romanas, inscricións e outros utensilios; unha colección de arte medieval e do Renacemento; e coleccións de xemas, moedas e outros obxectos. Os museos son propiedade do concello de Roma.
A estatua ecuestre do centro da praza é do emperador Marco Aurelio. É unha copia, xa que a orixinal se atopa no interior do museo.
Abertos ó público en 1734 baixo o goberno do papa Clemente XII, os museos Capitolinos están considerados o primeiro museo do mundo, entendidos como un lugar onde a arte pode ser desfrutada por todos e non só polos seus donos.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ AA. VV. Roma e dintorni, edito dal T.C.I. nel 1977, pag. 83. ISBN 88-365-0016-1. Sandra Pinto, in Roma, edito dal gruppo editoriale L'Espresso su licenza del T.C.I. nel 2004, pag. 443. ISBN 88-365-0016-1. AA. VV. La nuova enciclopedia dell'arte Garzanti, Garzanti editore, 2000, ISBN 88-11-50439-2, alla voce "museo".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Museos Capitolinos ![]() |