Mustela nigripes
Mustela nigripes | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
![]() En perigo[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
![]() Distribución da especie.
|
Mustela nigripes é unha especie de mustélido orixinario de América do Norte e Central. Está clasificado como especie en perigo pola IUCN debido ás súas poboacións pequenas e restrinxidas. A especie declinou durante o século XX, principalmente como resultado da diminución das poboacións de cans das pradeiras (Cynomys spp) e polas pestes silvestres. Creuse extinto ata que o can de Lucille Hogg levou un exemplar morto ata a porta da súa casa en Meeteetse, Wyoming, en 1981.[2] A poboación remanente dunhas poucas ducias de touróns durou ata que se considerou a especie como extinta en liberdade en 1996.[3] Porén, o Servizo de Pesca e Vida Silvestre dos Estados Unidos lanzou un programa de cría en catividade e reintroduciu a especie en oito estados dos Estados Unidos, no Canadá e en México dende 1991 a 2009. Existen 1 000 exemplares maduros nados en liberdade divididos en 18 poboacións, con cinco poboacións estables en Dacota do Sur, Arizona e Wyoming.[1][4] Foi clasificado como "especie en perigo" en 1982, "extinto en liberdade" en 1996 e de novo "en perigo" na Lista Vermella da IUCN en 2008.[1]
En febreiro de 2021, o primeiro exemplar clonado da especie, unha femia chamada Elizabeth Ann, foi presentada ó público.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Belant, J., Biggins, D., Garelle, D., Griebel, R.G. & Hughes, J.P. (2015). Mustela nigripes. The IUCN Red List of Threatened Species 2015. doi 10.2305/IUCN.UK.2015-4.RLTS.T14020A45200314.en
- ↑ Black-footed Ferret Recovery Implementation Team Arquivado 19 de febreiro de 2021 en Wayback Machine.. Blackfootedferret.org. Consultado o 22 de marzo de 2013.
- ↑ Encyclopedia Brittanica Online: Black-footed ferret
- ↑ McLendon, Russell (30 de setembro de 2011). "Rare U.S. ferret marks 30-year comeback". Mother Nature Network. Consultado o 9 de outubro de 2011.
- ↑ "Elizabeth Ann the Black-Footed Ferret Is the First-Ever Cloned Endangered U.S. Species". PEOPLE.com (en inglés). Consultado o 21 de febreiro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mustela nigripes ![]() |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Mustela nigripes |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Audubon, John James; Bachman, John (1851). "The quadrupeds of North America" 2. New York, V.G. Audubon.
- Coues, Elliott (1877). "Fur-bearing Animals: A Monograph of North American Mustelidae". Government Printing Office.
- Feldhamer, George A.; Thompson, Bruce Carlyle; Chapman, Joseph A. (2003). Wild mammals of North America: biology, management, and conservation. JHU Press. ISBN 0-8018-7416-5.
- Kurtén, Björn (1980). Pleistocene mammals of North America. Columbia University Press. ISBN 0-231-03733-3.
- Merriam, Clinton Hart (1896). "Synopsis of the weasels of North America". Washington: Govt. Print. Off. hdl:2027/uc2.ark:/13960/t3tt4h07f.