Muutos.art
Muutos.art | |
---|---|
Entrada á exposición. | |
País | Finlandia |
Cidade | Tampere |
Tipo | Arte |
Administrador | Upeart |
Inauguración | 2024 |
Visitantes | +20 000 |
Na rede | |
https://www.muutos.art | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
O Muutos.art foi un centro expositivo aberto en Tampere (Finlandia) entre o 14 de xuño e o 31 de agosto de 2024. No centro expuxéronse máis de 50 obras de arte espaciais de case medio centenar de artistas, parellas de artistas e grupos de traballo. Ademais da exposición principal nos dous andares superiores do inmoble, houbo varias exposicións temporais ao longo do verán en dúas pequenas galerías da planta baixa.
A exposición tivo lugar nun edificio finalizado en 1997 e en boas condicións, que foi demolido logo da exposición ao non ter atopado un novo inquilino, este feito creou un debate sobre o modelo urbanístico e a necesidade de crear un desenvolvemento urbano máis sostible.
Localización
[editar | editar a fonte]O Muutos.art-taidetalo ocupaba un edificio de oficinas construído na década de 1990 e localizado no número 11 da rúa Voimakatu, ao carón do Estadio de Tampere, no barrio de Ratina, no centro da cidade de Tampere.[1]
O edificio, que se completou en 1997, acolleu as oficinas de Tampereen Sähkölaitos,[a] se ben a última empresa que desenvolveu a súa actividade no edificio foi Tampereen seudun keskuspuhdistamo Oy. Ademais apareceu nas pantallas de televisión como a comisaría de Sori na serie Koskinen.[3]
Logo da exposición o inmoble será demolido para construír edificios residenciais de entre seis e dez andares con apartamentos para aproximadamente 400 persoas.[4]
A súa localización céntrica o facía facilmente accesible, podendo chegar empregando a liña 3 do tranvía de Tampere ata a estación Sorin aukio e camiñando uns 10 minutos. A estación de autobuses de Tampere, situada tamén preto do centro expositivo, facía tamén accesible a exposición en autobús. Pola súa banda, o aparcadoiro de pago do centro comercial Ratina podía ser empregado polas persoas que acudiran en coche, a través do paso subterráneo peonil que cruza a vía Tampereen valtatie.[5]
Descrición
[editar | editar a fonte]A exposición contaba con máis de 50 obras de arte espaciais, así como de dúas pequenas galerías, e graffiti nas súas fachadas.[6] O edificio contaba tamén cunha cafetería, LaPresso, na planta baixa.[7]
A galería do vestíbulo e a da cafetería, ambas situadas na planta baixa, eran de acceso gratuíto, mentres que o primeiro e o segundo andar,[b] eran de pago a un prezo de 12 euros as persoas adultas e 8 euros as persoas entre 7 e os 17 anos, sendo de balde para as persoas menores de 7 anos.[8][5]
Artistas
[editar | editar a fonte]A selección de artistas para a exposición levouse a cabo durante a primavera de 2024, entre o 7 e o 29 de marzo. As persoas seleccionadas debían ser maiores de 18 anos e residir e traballar de xeito permanente en Finlandia en diversos campos da arte. No edificio pondíanse ver as obras de case medio centenar de artistas, parellas de artistas e grupos de traballo, dos cales aproximadamente a metade eran da cidade de Tampere, segundo o coordinador artístico do proxecto Yiorgos Slunga.[9][10] A exposición estivo formada por obras das seguintes artistas:[11]
- 3.10 ja Jukka Hakanen
- Ainu Palmu
- Alexander Salvesen
- Arttu Nieminen
- Eeva Karhu & Jesse Törmikoski
- Elisa Hillgén
- Emc x Sarri
- Graffiti Professors: Kap + Help
- Hanna Postma
- Harri Lundelin
- Henrietta Soininen e Usva Torkki
- Henrik Härkönen
- Jan Anderzén
- Juan Kasari
- Juha Lahtinen
- Jussi TwoSeven
- Kaisu Koivisto
- Katja Luoto
- Laura e Veikko Sariola
- Leena Lehti
- LL-työryhmä
- Mammu Rauhala
- Marja Kolu
- Mielen ry Luova paja
- Mikko Paakkonen
- Nino No
- NORNAT-kollektiivi
- Petra Martinez & Inka Wallgren
- Petra Vehviläinen
- Raija Marttinen
- Säde Numminen
- Samppa Saarivirta
- Samuli Parkkinen
- Sanna Juujärvi-Bremer
- Sanni Saari
- Sirja Moberg
- Sonja Salomäki
- Teemu Kiiskilä
- Teemu Mäenpää
- Toisaalta
- Tulkoon valo -installaatio
- Tuomas Lammi (Pimeääni)
- Ulla Phillips e Jenni Valtakari
- VHS-klubi
- Viivi Kiiskinen
- Virta ja Ilmastokriisin etulinjassa -hanke
- Yu-Hsuan Yao
Galerías
[editar | editar a fonte]Durante os meses que o centro estivo aberto as dúas galerías da planta baixa, denominadas "Aulagalleria" (galería do vestíbulo) e "Kahvilagalleria" (galería da cafetería), acolleron sete mostras temporais de xeito gratuíto:[12]
Artista(s) | Título da exposición | Inicio | Fin | Galería | Notas |
---|---|---|---|---|---|
Lars Holmström, Terhi Hursti, Jonne Kauko e Saara Sillanpää | Rakenteet | 14 de xuño | 14 de xullo | Kahvilagalleria | |
Kiova – Euroopan särkymätön sydän | 14 de xuño | 7 de xullo | Aulagalleria | ||
Zeynep Kaynar | The SAPP – (Sleeping: A Performative Process) | 11 de xullo | 31 de xullo | Aulagalleria | |
Anna-Kaisa Haanaho, Kirsi Jokelainen, Johannes Kangas, Satu Kiuru, Riitta Kopra e Minttu Saarinen | 18 de xullo | 11 de agosto | Kahvilagalleria | ||
Jukka Peltosaari | Päästä | 2 de agosto | 31 de agoto | Aulagalleria | |
Laura Laurila e Kaisa Soini | Puutarhasta rakennustyömaalle | 15 de agosto | 1 de setembro | Kahvilagalleria | |
Tuija Ihanta | Taivaan puutarhat | 15 de agosto | 1 de setembro | Kahvilagalleria |
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ "Purkutalo nielaisi sisäänsä valtavan taidekokonaisuuden Tampereen keskustassa – Muutos.art tarjoaa tilataidetta ja tapahtumia kolmessa kerroksessa kesän ajan" (en inglés). Cidade de Tampere. 5 de xuño de 2024. Consultado o 25 de agosto de 2024.
- ↑ "Tampereen Sähkölaitos on nyt Tampereen Energia" (en finés). Suomen Tietotoimisto. 28 de agosto de 2023. Consultado o 26 de agosto de 2024.
- ↑ Haapala, Riina (21 de xullo de 2024). "Purkutaidetalon väki kritisoi oman näyttelynsä olemassaoloa – "Tämä rakennus on tehty vuonna 1997 ja se nyt jo puretaan"". Tamperelainen (en finés). Consultado o 26 de agosto de 2024.
- ↑ Mäkinen, Petteri (13 de febreiro de 2024). "Tampereen uusi purkutaidetalo on komisario Koskisen Sori – Vasta 27-vuotias toimistorakennus puretaan 400 asukkaan kerrostalojen tieltä". Tamperelainen (en finés). Consultado o 26 de agosto de 2024.
- ↑ 5,0 5,1 "English info" (en inglés). muutos.art. Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ "Muutos.art-taidetalo on avoinna 1.9.2024 saakka" (en finés). Operaatio Pirkanmaa. 20 de agosto de 2024. Consultado o 25 de agosto de 2024.
- ↑ Mäkinen, Petteri (5 de xuño de 2024). "Tampereen uusi purkutaidetalo aukeaa ensi viikolla – Vanhalla Koskisen Sorilla on myös kahvila". Tamperelainen (en finés). Consultado o 26 de agosto de 2024.
- ↑ "Esteettömyys" (en finés). muutos.art. Consultado o 12 de setembro de 2024.
- ↑ "Purkutalo muuttuu taidetta tulvivaksi kulttuuritilaksi Tampereen ydinkeskustassa" (en finés). Operaatio Pirkanmaa. 7 de marzo de 2024. Consultado o 25 de agosto de 2024.
- ↑ Sillanpää, Nikke (10 de xullo de 2024). "”Helvetti, onko mitään järkeä purkaa tätä?” kysyy taiteilija – taidenäyttely haastaa purkukulttuurin Tampereella". Yle (en finés). Consultado o 6 de outubo de 2024.
- ↑ "Taiteilijat" (en finés). muutos.art. Consultado o 25 de agosto de 2024.
- ↑ "Aula- ja Kahvilagalleria" (en finés). muutos.art. Consultado o 12 de setembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Muutos.art |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web de Muutos.art (en finés) (en inglés)
- Sitio web de Upeart (en finés)