Frundo
Frundo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Myrica gale | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
En perigo | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
O frundo[1] (Myrica gale) é unha especie vexetal, pertencente á familia das miricáceas. Trátase dun arbusto dioico de folla caduca de cor verde escura na face e con peluxe no envés, flores en amento e froito en drupa.
Distribución
[editar | editar a fonte]A planta medra nas zonas oligotróficas de Europa, Asia e América do Norte. Aparece en Galicia, especialmemte no norte de país.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Polo xeral, medra na turba aceda de turbeiras, e para facer fronte a estas difíciles condicións de pouco nitróxeno, a raíz ten que fixar o nitróxeno con actinobacterias que permiten ás plantas medraren.
Características
[editar | editar a fonte]Trátase dun arbusto caducifolio que acada os 1–2 m de altura. As follas están dispostas en espiral, simples, de 2–5 cm de longo, oblanceoladas cónicas cunha base máis ampla e punta, e unha engurrada ou finamente dentada marxe. As flores son amentos (candeas) con masculinas e femininas en diferentes plantas (dioico). O froito é unha pequena drupa.
Propiedades
[editar | editar a fonte]As follas conteñen un óleo esencial rico en terpenos mais de composición variada. Os principais compoñentes son o a -pineno, o 1,8 cineol, o mirceno e o limoneno. Ademais tamén se reportaron o ß -cadineno, o 11-selineno-4-ol, o ß -terpineno, o p -cimeno, o cariofileno, o 4,11-selinadieno, o ß -elemenoneno, o xermacrone e outros.
Usos
[editar | editar a fonte]Algunhas receitas que o empregan foron reportadas en Suecia, Inglaterra e o Norte de Francia. No pasado, as súas follas recendentes ofrecían un aroma aínda a quen non podían custear o uso das especias importadas, entre eles, os campesiños de Europa Central e do Norte.
No entanto, historicamente, a aplicación máis importante desta especie foi durante o aromatizado da cervexa. O proceso de obtención deste produto constitúe unha arte antiga de Europa Central e Occidental; no cal o lúpulo (Humulus lupulus) representa unha pequena parte da historia medieval. É así que os fabricantes usaban unha gran cantidade de plantas aromáticas, sendo o frundo un dos máis eficientes así como máis baratos. Como resultado, no período renacentista existiron unha multitude de variedades deste produto.
A súa casca emprégase polo carácter adstrinxente do tanino que contén.
As follas do frundo posúen un aroma moi agradábel que se ve incrementado ao enxugalas. O seu sabor é similar aínda que lixeiramente amargo e adstrinxente.
Usos en Galicia
[editar | editar a fonte]As follas do frundo téñense empregado en Galicia para escorrentar insectos. Frei Martín Sarmiento dicía no século XVIII que se apañaba para benzoar con outros vexetais o día de Ramos, porque se cría que con estas varas azoutaran a Cristo[2]. Tamén se puñan os ramallos entre a roupa para o seu recendo. As súas flores substituían o lúpulo para a fabricación da cervexa.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Myrica gale foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1024. 1753.[3]
- Sinonimia
- Gale belgica Dumort.
- Gale portugalensis (Mirb. ex DC.) A. Cheval.
- Gale palustris Chev.
- Gale uliginosa Spach
- Myrica palustris Lam.
- Myrica rothmaleriana P.Silva[4]
- Gale commune J.Presl
- Myrica brabantica Gray
- Myrtus brabantica Garsault[5]
- Nome vulgar
- Frundo, fundo, fundiño[6].
O nome frundo podería vir de fronde e fruncio de frutice. E fungo e funguiño do verbo fungar, cheirar, polo recendo das follas[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego e definición en Portsl das Palabras
- ↑ Martín Sarmiento (1745): Viaje que el Padre Sarmiento hizo a Galicia el año de 1745, ed. de J. L. Pensado Tomé (Universidade de Salamanca, 1975)
- ↑ "Frundo".
- ↑ Sinónimos en
- ↑ "Frundo". Arquivado dende o orixinal o 05 de abril de 2019. Consultado o 15 de novembro de 2016.
- ↑ Nomes vulgares galego recollidos por Martín Sarmiento (1754-1758): Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables, ed. de J. L. Pensado Tomé (U. de Salamanca en 1986)
- ↑ Martín Sarmiento
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Molina Martín, Carlos, coord. (2006). Diagnóstico e aplicación de medidas de conservación nas poboacións de na comarca de Piñeirais (Burgos e Soria). 96 pp. Actividades Estudos e Proxectos no Medio Ambiente, S.L. Soria. Edita Jolube Consultor e Editor Ambiental. Formato libro electrónico, xullo 2009. ISBN 978-84-937291-5-8.
- Martín, Carlos, coord. (2008). Seguimento e aplicación de medidas de conservación nas poboacións de Myrica gale na comarca de Piñeirais (Burgos e Soria). 83 pp. Actividades Estudos e Proxectos no Medio Ambiente, S.L. Soria. Edita Jolube Consultor e Editor Ambiental. Formato libro electrónico, xullo 2009. ISBN 978-84-937291-4-1.