Néstor o Cronista
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (cu) Нестор Летописец ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1056 ![]() Kíiv, Ucraína ![]() |
Morte | 1114 ![]() Kíiv, Ucraína ![]() |
Lugar de sepultura | Mosteiro das Covas de Kíiv ![]() |
Relixión | Cristianismo ortodoxo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritor, monxe, haxiógrafo, historiador, cronista ![]() |
Enaltecemento | |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Biográfico Ruso ![]() |
![]() |


Néstor o Cronista, nado en Kíiv en 1050 e finado na mesma cidade en 1114,[1] foi un monxe dun mosteiro de Kíiv ao que se lle atribúe unha das primeiras Crónicas dos Eslavos do Leste, ou Crónica de Néstor. É, ademais, o autor da Vida de Teodosio e das Vidas de Borís e Gleb, nos anos 1080, con motivo do traslado das reliquias destes santos a Vishgorod, no ano 1072.[1]
Da súa vida só se sabe que se lle encargou recuperar as reliquias de San Teodosio (misión na que tivo éxito).[1] Especúlase que ademais apoiaba ao príncipe Sviatopolk II e ao seu partido proescandinavo, mentres que non lle gustaba a influencia grega en Kíiv.
A súa crónica comeza co diluvio universal, e mostra que coñecía moi ben a outros historiadores bizantinos, como Xoán Malalas e Xurxo o Monxe. Na súa crónica mestúranse tamén moitas lendas e, probabelmente, inclúe fragmentos de antigos poemas épicos que se perderon.
Aínda que como testemuña presencial só puido escribir acerca dos reinados de Vsélovod I e Sviatopolk II (1078-1112), puido utilizar as testemuñas doutras persoas (como Giurata Rógovich de Nóvgorod e o nobre Ian Vishátich) para escribir doutras épocas e rexións. Moitos dos detalles etnolóxicos mencionados por Néstor son de grande importancia para os estudos actuais.
A opinión moderna é que a Crónica de Néstor é unha mestura de distintos autores, e que se lle atribúe a el ben sexa porque escribiu a maior parte ou porque recompilou os fragmentos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Venerable Nestor the Chronicler of the Kiev Caves en OCA. (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Néstor o Cronista ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Iaroslav Lebedynsky, L'Empire médiéval de Kiev, débats historiques d'hier et d'aujourd'hui Arquivado 06 de decembro de 2010 en Wayback Machine. en Le monde de Clio (en francés)
- Venerable Nestor the Chronicler of the Kiev Caves en Ortodox Church in America. (en inglés)