Nó
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Nó (homónimos).

Un nó é un método de asegurar que se fai cun ou varios obxectos lineares flexíbeis (fío, corda...) e que se aperta tirando dos dous cabos, de maneira que sexa difícil de soltar por si só. Pode consistir nun anaco dun ou máis segmentos de corda, fibra, nailon, fitas e até mesmo correntes entrelazadas de xeito que permiten que a liña se prenda a si mesma ou a algún outro obxecto, a carga. Os nós téñense estudado dende a antigüidade, incluso na matemática: teoría dos nós.