Número de Sherwood
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
O número de Sherwood, (tamén denominado número de Nusselt másico) é un número adimensional utilizado en operacións de transferencia de materia. Representa a relación entre o transporte difuso-convectivo e o transporte difusivo. Recibe o seu nome do enxeñeiro americano Thomas Kilgore Sherwood.
Defínese como:
onde
- é unha lonxitude característica (m)
- é a difusividade (m2.s−1)
- é o coeficiente de transferencia de materia (m.s−1)
Existen numerosas correlacións empíricas ou semiempíricas que permiten determinar o número de Sherwood a partir do número de Reynolds e do número de Schmidt. A importancia da determinación do número de Sherwood é que dá acceso ao coeficiente de transferencia de materia. O número de Sherwood ten a mesma forma que o número de Biot másico. Porén, representan fenómenos físicos diferentes. No caso do número de Sherwood, a difusividade que aparece no denominador é a da substancia que se transfire nun fluído. Pola contra, no número de Biot, é a difusividade nun sólido. Deste xeito, o número de Biot compara o transporte externo (no fluído) co transporte interno (no sólido).