Saltar ao contido

N-6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

N-6 ou Proton 2 foi unha serie de observatorios espaciais soviéticos adicados ao estudo dos raios cósmicos de alta enerxía da que finalmente só se lanzou unha unidade.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

O primeiro e único N-6, cunha masa de 17.000 kg, lanzouse o 16 de novembro de 1968 mediante un foguete Proton K a unha órbita de 284 x 477 km e 51,55º de inclinación orbital. Podía observar raios cósmicos de entre 1012 e 1015 eV. O segundo N-6 nunca se chegou a lanzar.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "N-6" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Proton 4 (Proton-2 1 / N-6 #1)" (en inglés). Consultado o 4 de outubro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]