Saltar ao contido

Nacional RG

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fábrica Nacional de Automóviles, Aviones y Motores de Aviación
Logotipo Nacional RG

Nacional RG de 1948
TipoSociedade anónima
Fundación1948[1] ou 1949[2]
LocalizaciónBarcelona España España
FundadorRamón Girona Guillaume
IndustriaTransporte
ProdutosAutomóbil
editar datos en Wikidata ]

Fábrica Nacional de Automóviles, Aviones y Motores de Aviación foi un fabricante español de aeronaves, motores de avión e automóbiles con sede en Barcelona de 1948 ata 1949. O nome da marca era Nacional RG.

Historia da Compañía

[editar | editar a fonte]

O Cubano Ramón Girona Guillaume, que anteriormente traballara na fábrica francesa de automóbiles, avións e motores de aviación Farman. Fundou a empresa en 1948 en Barcelona e comezou a produción. A produción terminou en 1948 ou 1949, moi probablemente, debido as trabas burocráticas e da falta de material daquela época. Tivo que liquidar a empresa, da que queda un rastro case nulo.

A compañía presentou en 1948 na XIV. Feria Internacional y Official de Muestras da Cidade Condal dúas pequenas aeronaves de dúas prazas[3]. Para asegurar a produción dos seus propios motores.

Vehículos

[editar | editar a fonte]

O único modelo foi un micro coche de '6 HP'. O motor, refrixerado por auga, era un motor bóxer de dous cilindros con 692 cc e 18 hp. A velocidade máxima era de 80 km/h. O vehículo era un sedán convertible de dúas portas.

Aínda existe un vehículo no museo do automóbil Collecció d’Automòbils de Salvador Claret en Sils.

  1. Die Internationale Automobil-Enzyklopädie
  2. The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile
  3. The New Illustrated Encyclopedia of Automobiles

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Harald Linz, Halwart Schrader: Die Internationale Automobil-Enzyklopädie. United Soft Media Verlag, München 2008, ISBN 978-3-8032-9876-8. (en alemán)
  • Nick Georgano: The Beaulieu Encyclopedia of the Automobile, Volume 2 G–O. Fitzroy Dearborn Publishers, Chicago 2001, ISBN 1-57958-293-1 (en inglés)
  • David Burgess Wise: The New Illustrated Encyclopedia of Automobiles. Greenwich Editions, 2004, ISBN 0-86288-258-3 (en inglés)
  • Walter Zeichner: Kleinwagen International. Motorbuch-Verlag, Stuttgart 1999, ISBN 3-613-01959-6. (en alemán)

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]