Nafas
Aparencia
Nafas | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | نفس |
Director | Narges Abyar |
Produtor | Mohammad Hosein Gashemi Abouzar Pourmohammadi |
Guión | Narges Abyar |
Intérpretes | Mehran Ahmadi Pantea Panahiha Gelareh Abbasi Shabnam Moghaddami Jamshid Hashempour Sareh Nour Mousavi |
Música | Massoud Sakhavatdoost |
Fotografía | Saed Nikzat |
Montaxe | Sajjad Pahlevanzadeh |
Estrea | 1 de febreiro de 2016 |
Duración | 112 minutos |
Orixe | Irán |
Na rede | |
Nafas (en persa: نفس) é un filme iraniano de 2016 dirixido por Narges Abyar. Foi escollido como candidato de Irán para o Óscar ó mellor filme internacional na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A pequena Bahar vive unha vida feita a partir do folclore e das historias, sempre coa cabeza nun libro. Pero crecendo en Yazd nos anos 70 e 80, atópase no centro dun país en convulsión: o Shah é derrocado, o aiatolá Jomeini ascende ao poder e comezan os primeiros disparos dunha amarga e prolongada guerra con Iraq. Ao longo de varios anos, Bahar descobre que soñar esperta no seu propio mundo de fantasía é a única forma en que pode dar sentido á dor e ao sufrimento.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Iran Selects 'Breath' as Official Submission to Academy Awards". IFP News. 19 de setembro de 2017. Consultado o 19 de setembro de 2017.
- ↑ "Asia Pacific Screen Awards » Nafas". www.asiapacificscreenacademy.com. Consultado o 19 de setembro de 2017.