Saltar ao contido

Najaf

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNajaf
النجف (ar) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 32°01′44″N 44°20′23″L / 32.028951, 44.339621
EstadoIraq
ProvinciasAn-Najaf (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
An-Najaf (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación724.700 (2015) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Altitude60 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Najaf[1][2] (en árabe: النجف‎) é unha cidade de Iraq, capital da provincia de Najaf, e ademais unha das cidades máis santas para o xiísmo. Ten unha poboación de 585.600 habitantes (2003).

Significado relixioso

[editar | editar a fonte]

En Najaf está a tumba de Ali ibn Abi Talib (coñecido como Imán Ali), que os xiítas consideran o primeiro imán. A cidade é agora un gran centro de peregrinación para os musulmáns xiítas. Tan só A Meca e Medina reciben máis peregrinos islámicos.

Sobre Meshed Ali (Mausoleo de Alí) construíuse unha gran mesquita. Preto da cidade está Wadi-us-Salaam (Val da Paz), o máis grande cemiterio do mundo islámico (e posiblemente do mundo). Ao longo dos séculos numerosos hospicios, escolas, bibliotecas e conventos sufís construíronse arredor do templo, o que converteu a cidade no centro teolóxico e académico do xiísmo. Moitos deses edificios destruíunos o goberno de Saddam Hussein, ao construír unha autoestrada no medio do Wadi-us-Salaam.

Moitos dos grandes eruditos e teólogos (como Allameh Tabatabaei, Aiatolá Khomeini e Aiatolá Sistani) estudaron en Najaf. A cidade, xunto a Qom en Irán, considérase o centro teolóxico do xiísmo.

A área de Najaf estaba preto da cidade sasánida de Suristán, tradicionalmente considérase o 791 o ano da súa fundación polo califa abásida Harun al-Rashid.

Baixo a soberanía do Imperio Otomán, Najaf sufriu abondosas dificultades como resultado das expedicións de saqueo das tribos árabes do deserto e pola diminución da subministración de auga. A comezos do século XVI a cidade estaba case deshabitada. En 1803 resolvéronse os problemas da auga coa construción da canle de Hindiyya, a poboación rapidamente pasou de 30.000 a 60.000 habitantes. Mesmo así, Najaf perdeu a súa primacía relixiosa en favor de Qom no século XIX e non a volvería recuperar ata o século XX.

En 1915 a cidade caeu baixo o goberno do Imperio Británico, en 1918 unha rebelión matou o gobernador británico da cidade, os británicos sitiaron a cidade, cortándolle a subministración de auga ata que a rebelión acabou.

  1. Diciopedia do século 21, t. 2, p. 1438: Najaf C. do centro-S do Iraq. Centro de peregrinación chiíta...
  2. Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago: Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo (2009), Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0. Najaf: páxinas 151 (D1) e 192 (C3).