Saltar ao contido

Nakajima Ki-49

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nakajima Ki-49
Tipobombardeiro pesado
FabricanteNakajima
Deseñado porYasushi Koyama
Introducido1941
Retirado1945
Principais usuariosServizo Aéreo do Exército Imperial Xaponés
Produción1941 - 1944
Unidades construídas819

O Nakajima Ki-49 Donryu (dragón da tempestade) foi un bombardeiro pesado xaponés da segunda guerra mundial. Xurdiu por un requirimento de 1938 para un substituto do bombardeiro Ki-21 e voou por primeira vez en agosto de 1939. Era un bo avión, pero quedou ensombrecido polas grandes cantidades de Ki-21 e polo mellor Ki-67. Construíronse 819 unidades e os aliados alcumárono "Helen".