Egobarros
Aparencia
(Redirección desde «Namarinos»)
Os egobarros,[1] tamén alcumados namarinos[2] (en latín: Egovarri Namarini), eran unha tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico lucense. O seu territorio atopábase a carón do río Eo, ao oeste doutros pobos galaicos como os albións e os cibarcos, e estendíase por Foz[3] ata Viveiro.[1] Segundo J. L. Maya, estes tres pobos estaban constituídos por diversos castros vinculados ou confederados entre eles.[4]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Do seu nome deriva o nome do río Eo, que en tempos romanos se alternaba entre "Ego" e "Egoba" segundo testemuñou Plinio ao falar dos habitantes da beira da ría.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Fernández Rei, Francisco (1994). Lingua e cultura galega de Asturias: actas das 1as. Xornadas da Lingua e da Cultura Galega de Asturias: na busca das raíces da Terra Navia-Eo, homenaxe a Dámaso Alonso. Edicións Xerais de Galicia. p. 51. ISBN 84-7507-803-6.
- ↑ Fernández Vior, José Antonio (1997). El habla de Vegadeo: (A Veiga y su concejo). Oviedo: Academia de la Llingua Asturiana. p. 19.
- ↑ Lanza, Francisco (1973). Ribadeo antiguo: noticias y documentos. Ediciós do Castro. p. 23.
- ↑ Vid. Maya González, J.L. Enciclopedia temática de Asturias, 11. p. 65.
- ↑ Benito Ruano, Eloy (1979). Historia de Asturias, Volume 2. Ayalga. p. 110.