Narciso Escobar Rodríguez
Aparencia
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 9 de xaneiro de 1937 Villablino, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Narciso Escobar Rodríguez, nado en Villablino (Provincia de León) o 9 de xaneiro de 1937, é un exfutbolista español que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou xogando na SD Ponferradina, onde as súas boas actuacións fixeron que o fichara o Celta de Vigo. O primeiro ano xogaría cedido no Racing de Ferrol ata o final da tempada, cando o equipo vigués o recupera para xogar a Copa do Rei.
En Vigo xogou dúas tempadas, a primeira delas en Primeira División e na que se proclamou máximo anotador do equipo. Ao final da tempada seguinte afrontouse unha profunda renovación do equipo e dáselle a carta de liberdade a Escobar.
Despois de tres tempadas no Real Murcia tamén na categoría de prata volveu á Ponferradina, onde se retirou en 1966.