Narciso Vidal Fraga
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1901 ![]() O Castiñeiriño, España ![]() |
Morte | 10 de agosto de 1936 ![]() Calo, España ![]() |
Causa da morte | paseo, ferida por arma de fogo ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político ![]() |
Participou en | |
26 de marzo de 1930 | Pacto de Lestrobe ![]() |
![]() |
Narciso Vidal Fraga, nado no Castiñeiriño (Santiago de Compostela) en 1901 e finado en Teo o 10 de agosto de 1936, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Vidal Cobas, naceu cando O Castiñeiriño pertencía ao Concello de Conxo. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, participou na Federación Universitaria Escolar, formaba parte da tuna compostelá e era seguidor da Institución Libre de Enseñanza e da Residencia de Estudiantes. Ao rematar a carreira foi profesor de Lóxica e Psicoloxía na Academia Xelmírez. Membro do Centro Republicano de Santiago, do que foi elixido presidente a finais de abril de 1931, participou no pacto de Lestrobe. Foi un dos organizadores da Vanguardia de Izquierda Republicana. Delegado gobernativo en Santiago de Compostela en febreiro de 1936.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e paseado por falanxistas en Espiño (Calo) o 10 de agosto,[1] aparecendo o cadáver na estrada A Coruña-Pontevedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Compostelano, 9-8-1937, p. 3.