Nardo
Nardo | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina dun nardo a rosear | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Polianthes tuberosa L. |
O nardo[1], tamén coñecido coma tuberosa ou vara de San Xosé (Polianthes tuberosa) é unha planta da familia do agave, nativa de América do Norte. Está estreitamente relacionada co xénero Manfreda.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome xenérico Polianthes significa "flor cinsenta". O nome específico deriva do latín tuberosa, é dicir, inchada ou tuberosa, en referencia ao seu sistema de raíces.
Os aztecas chamárona Omixochitl ou flor de óso.
A planta ten un lugar destacado na cultura india e na mitoloxía. As flores utilízanse nas cerimonias de voda, grilandas, decoración e diversos rituais tradicionais.
Distribución
[editar | editar a fonte]É oriúnda do centro e do sur de México.
Descrición
[editar | editar a fonte]A planta medra con alongadas espigas de até 45 cm de longo que producen acios de flores recendentes de cor cérea que florea dende a base cara a parte superior da espiga. Brillantes follas verdes agrupadas na base da planta e follas máis pequenas, ao longo do talo. As flores poden ser brancas ou de cor crema, úsase coma flor de corte e unha soa vara floral pode perfumar durante semanas un ambiente.
Das raíces da mesma extráese un óleo recendente que se emprega para facer perfumes, incenso e menciñas.
- Agave tuberosa (L.) Thiede & Eggli (1999), nom. illeg.
- Agave polianthes Thiede & Eggli (2001).
- Crinum angustifolium Houtt. (1780).
- Tuberosa amica Medik. (1790).
- Polianthes gracilis Link (1821).
- Polianthes tuberosa var. gracilis (Link) Baker (1888).
- Polianthes tuberosa f. plena Moldenke (1948). [2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nardo |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Nardo |