Narración e publicidade
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2014.) |
A publicidade, se ben moitas veces ten finalidades expositivas ou argumentativas e pretende a descrición dun produto, recorre á narración ó permitir esta, mediante pequenas historias, fundamentar con verosimilitude a utilidade e virtudes do anunciado e mesmo exemplificar as consecuencias da súa carencia.
Por motivos procedementais, a narración publicitaria achégasenos máis mediante os medios que permiten captar a imaxe en movemento ca en xornais, carteis, valados e outros medios impresos. Con todo, a imaxe fixa pode ter un aspecto durativo que implique unha explicación ou suxira un percorrido temporal.
Características da Narración publicitaria
[editar | editar a fonte]- Emprego de slogans
- A trama narrativa e mínima e sintética, pois o relato desenvólvese en moi curto espazo de tempo, e o ritmo narrativo, rápido.
- A trama vese determinada por
- O tipo de produto.
- O público ó cal vai dirixido.
- É frecuente unha estrutura argumental do tipo:
- Personaxes en conflito.
- Solución mediante o produto que se pretende promocionar-
- Os personaxes son planos, algunhas veces colectivos, ou caricaturescos, ou tipo (véxase Personaxes en Wikibooks)
- Presenza de valores e antivalores sociais (racismo, sexismo, machismo...)
- O espazo é simbólico: achega valores e está en estreita relación co público ó que vai dirixido o produto