Naruto Shippūden 5: Blood Prison
Naruto Shippūden 5: A prisión de sangue | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Naruto Shippūden 5: Blood Prison |
Director | Masahiko Murata |
Guión | Akira Higashiyama Historia: Masashi Kishimoto |
Intérpretes | Junko Takeuchi |
Música | Yasuharu Takanashi |
Distribuidora | Toho Company Ltd. |
Estrea | 2011 |
Duración | 82 minutos |
Orixe | Xapón |
Xénero | Animación |
Filme anterior | Naruto Shippūden 4: The Lost Tower |
Na rede | |
http://www.naruto-movie.com/index.html | |
Naruto Shippūden 5: Blood Prison (劇場版 NARUTO-ナルト- ブラッド・プリズン Gekijōban Naruto: Buraddo Purizun) é un filme de animación xaponés dirixido por Masahiko Murata que se estreou no 2011. É o oitavo filme do anime e manga Naruto creado por Masashi Kishimoto. O tema oficial do filme é a canción "Otakebi" de Yusuke Kamiji.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Despois de ser capturado polo intento de asasinato ó líder de Kumogakure, o Raikage, e o asasinato de varios Jonin de Kirigakure e Iwagakure, Naruto é encarcerado nunha instalación de contención penal tamén coñecida como a prisión de sangue. O capitán do castelo, Mui, emprega o jutsu de prisión máxima para roubar o poder dos prisioneiros. A batalla para demostrar a súa inocencia e descubrir a verdade comeza para Naruto e os seus amigos.