Nassau, Illas Cook
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Poboación | ||||
Poboación | 73 (56,15 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 1,3 km² | |||
Medición | 1 () × 1,7 () km | |||
Bañado por | Océano Pacífico | |||
Altitude | 9 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Fuso horario | ||||
Nassau é unha das Illas Cook setentrionais. Está situada a 89 km ao sueste de Pukapuka, de quen depende administrativamente.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome tradicional era Te Motu-ngaongao que significa 'a illa deserta'.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi descuberta en 1834 polo capitán norteamericano Elihu Coffin, no baleeiro Mary Mitchell. O ano seguinte foi visitada polo baleeiro estadounidense Nassau, e despois polo Newport. Coñeceuse tamén cos nomes de Mitchell Island e Newport Island.
A illa foi explotada, ata o 1945, por unha compañía europea que plantou cocos. O goberno das Cook adquiriu a illa e en 1951, foi adquirida polos habitantes de Pukapuka.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa ten unha forma ovalada e é a única do grupo norte das Cook que non ten unha lagoa interior. A superficie total é de 1,3 km². Ten grandes plantacións de cocos e de taro que exportan a Pukapuka. A poboación total era de 72 habitantes no censo do 2001. Non dispón de aeroporto.