Saltar ao contido

Nastasia Zürcher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNastasia Zürcher
Biografía
Nacemento26 de xuño de 1988 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Xenebra, Suíza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata

Sitio webnastasiazurcher.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: nastasiazurcherofficial Twitter: nastasiazurcher Instagram: nastasia_zurcher Souncloud: nastasia-z-rcher Spotify: 3c0plGNNAmCFExowvZRKIo Editar o valor en Wikidata

Nastasia Zürcher Losada, nada en Xenebra (Suíza) o 26 de xuño de 1988, é unha artista, vocalista, compositora e pintora galego-suíza.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu e medrou en Xenebra até os 12 anos. Alí comezou o seu interese pola música. Filla do pianista e compositor suízo e alsaciano Jacques Zürcher,[1] aos 6 anos comeza a tocar ao violín por vontade propia. Aos 8 proba coa batería, ate recibir con 10 anos as súas primeiras clases de canto, quedándose nese instrumento como principal ate día de hoxe. Tamén toca o piano, instrumento co que compón e se acompaña.[2]

No ano 2000 múdase e afíncase en Galicia, Santiago de Compostela, convertíndose en neta retornada dos seu avós maternos galegos, que procedían de Ortigueira e Cambre.

Viviu tamén en Madrid (2012-2014) onde se graduou en "Canto, Interpretación e Técnicas de Escenario" na Escuela Internacional de Artistas. Estudou canto moderno con diferentes mestres e técnicas ao longo da súa formación, sendo sempre curiosa no referente ao manexo deste instrumento tan versátil. Formouse no método Voice Craft (Estill Voice Training) durante anos. Cursou o "Diploma Profesional de Canto en Jazz e Música Moderna" de Estudio, Escola de Música (Santiago de Compostela), centro no que imparte clases de canto e técnica vocal dende o ano 2011. Tamén imparte talleres de canto, expresividade e improvisación vocal.

Ten publicados 3 discos de autoría propia (música e letras) nos que canta en galego, inglés, castelán e francés. A súa obra bebe do neo soul, o pop folk de autora e as sonoridades das músicas do mundo, sendo unha das vocalistas máis versátiles do panorama musical actual.

Formou parte do coro compostelá Coro da Ra durante anos sendo unhas das súas solistas máis novas. Foi a vocalista do grupo de Músicas do Mundo Rastrexos Project, chegando a tocar no Festival de Ortigueira e en Suíza así como en varios ciclos e festivais de percusión e mestizaxe de Galicia.

En 2015 publicou o seu álbum debut My Flight. En 2016 obtivo con el o Premio Martín Codax da Música na categoría Blues/Funk/Soul. No 2017 publicou o seu segundo álbum de estudio, BEAT, composto unha vez máis por temas propios e baixo a produción do compositor e arranxista galego Adrián Saavedra. No 2018 foi novamente finalista nos Premios Martín Codax da Música na categoría de Músicas do Mundo facendo honra a variedade de estilos que conflúen nas súas obras.

En 2018 representou Galicia no festival Liet Internacional nos Países Baixos co seu tema "Espertos", co que gañou o premio dos músicos e quedou no segundo posto da clasificación xeral.[3] Participou en diferentes festivais cos seus diferentes formatos para directo adaptados a cada disco, como o Beat Trío con Adrián Saavedra e Narci Rodriguez ao beatbox, ou o seu quinteto no segundo disco con recoñecidos artistas da escena jazz como LAR Legido á batería ou Javi GDJazz a trompeta.

En 2021 publicou dúas colaboracións musicais: o tema "Flamante" co rapeiro galego García MC, e a canción "Conexión" co compositor e vocalista brasileiro Gustavo Almeida.

No 2022 publicou o seu terceiro álbum But Life Is Beauty Full co que levou dous galardóns nos premios da música de Galicia ese ano (Premios Martín Códax): "Artista do Ano" e categoría "Blues, Funk e Soul". Formou un sexteto de ouro como novo formato para directos, formado por músicos destacados da escena galega como o seu produtor Adrián Saavedra ao baixo, Carmen Rey ao teclado e coros, Bruno Couceiro á batería, Mon Orencio á guitarra e coros, e Félix Rodriguez á percusión. Xiran por Galicia do 2022 ao 2024.

No 2023 publica a canción "LUZ DO NORTE" composta a dúo con Guadi Galego.

Foi membro da Xunta Directiva de Músicas Ao Vivo (MAV) como secretaria e tesoureira do 2018 ao 2022.

No tearro, formou parte do espectáculo oral-teatral "TABÚ" da dramaturga galega Carmen Conde encargándose da música en directo (2019-2024).

Na actualidade e dende febreiro 2024, forma parte do elenco artístico de "BOA SORTE, MALA FAMA" na parte musical, obra da compañía lucense Tarabela Creativa a cargo de Carmen Conde e Diego Gallego, con quenes está de xira por toda Galicia tendo unha grandiosa acollida deste espectáculo que trata da emigración galega así como global.

Publica xunto ao dúo galego TERRAE (fusión de música electrónica coas sonoridades das músicas do mundo) a canción "Alumea" no Festival de Cine de Ourense no 2023. Dende entón, forma parte da banda completa para directos do dúo, sendo un dos proxectos máis interesantes do panorama musical galego.

Nas artes plásticas, Nastasia realizou unha exposición de pintura na galería santiaguesa Os Catro Gatos (decembro 2018 a xaneiro 2019). Froito dun incidente a raíz do cal tivo que gardar repouso total, adicou tempo e creatividade a pintura desenvolvendo a súa propia estética con acrílicos, purpurinas e lienzos redondos e ovalados, tendo dende entón encargos para fogares e lugares de traballo.

Actualmente, atópase na composición e creación do seu cuarto álbum de estudio e nova banda para directos.

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Álbum My Flight (2015)
  • Álbum Beat (2017)
  • Álbum But Life Is Beauty Full (2022)
  • Sinxelo "O Maio" (2020) de Curros Enríquez para o Consello da Cultura Galega. Composto xunto a Adrián Saavedra
  • Certame de Canción de Autor de Teo: Mellor Artista, Mellor Canción Orixinal (canción "Voar")
  • Premios Martín Códax da Música: gañadora na categoría Blues, Funk & Soul (2016); finalista na categoría Músicas do Mundo (2018)
  • Festival Liet Internacional (Holanda, 2018): premio Musicians Award + 2º posto na clasificación xeral co seu tema en galego "Espertos"
  • Artista do Ano nos premios da música de Galicia os Premios Martín Códax (2022)
  • Mellor álbum na categoría Blues, Funk e Soul nos Premios Martín Códax da Música (2022)
  • Videoclip finalista no FESTIVAL DE CANS: Lord, I'm Alive! (dirixido por Jairo Moreno, 2022)
  1. Ramos, Paula; L., M. (16 de xullo de 2021). "Nastasia Zürcher, cantante: «El factor vocacional es imprescindible, si no te deshinchas»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de xuño de 2024. 
  2. "Nastasia Zürcher: la conexión suizo-galaica" (en castelán). 7 de novembro de 2016. Consultado o 28 de xuño de 2024. 
  3. "Nastasia Zürcher volta con premio para Galicia do festival Liet Internacional". Cultura Galega. 28 de maio de 2018. Consultado o 30 de maio de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]