Saltar ao contido

Natalia Álvarez Lata

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNatalia Álvarez Lata
Biografía
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista, profesora Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1266821 BUSC: alvarez-lata-natalia Dialnet: 188396

Natalia Álvarez Lata, é unha académica e xurista galega, especializada en Dereito Civil.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Natalia Álvarez Lata doutorouse en Dereito pola Universidade da Coruña en 1997[1], cunha tese titulada Las cláusulas restrictivas de la responsabilidad civil, dirixida por José María Pena López[2], que mereceu o premio extraordinario.

Desde 2020 é catedrática na área de Dereito Civil na Universidade da Coruña.[3]

Entre 2012 e 2016 foi vicerreitora de Relacións Internacionais e Cooperación[4], formando parte do equipo de goberno de Xosé Luís Armesto. Foi vicedecana de Estudantes e Ordenación Académica na Facultade de Dereito da Coruña entre maio e novembro de 2021[4]. En 2024 foi nomeada coordinadora de mestrado en Dereito Dixital e da Intelixencia Artificial que se imparte no mesmo centro[4].