Natalia Barreiro Piñeiro
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Vedra, España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | investigadora ![]() |
![]() |
Natalia Barreiro Piñeiro, nada en Vedra[1] é unha investigadora da Universidade de Santiago de Compostela. En 2021 foi galardoada co Premio Talento Mozo Galicia pola excelente traxectoria investigadora no campo da viroloxía molecular.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Natalia Barreiro Piñeiro é licenciada en Bioloxía Molecular e Biotecnología e doutora en Medicina Molecular pola Universidade de Santiago de Compostela. Investigadora postdoutoral no Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares.
A súa investigación céntrase no desenvolvemento dunha vacina contra o SARS-CoV-2 empregando un sistema de etiquetaxe molecular (IC- Tagging).
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Premio Talento Mozo Galicia nn 2021 pola excelente traxectoria investigadora no campo da viroloxía molecular.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Espiño, Clara. "Cinco emprendedores mozos galardoados por iniciativas con talento". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-06-26.
- ↑ 2,0 2,1 Redacción (2021-12-13). "A investigadora Natalia Barreiro recibe o Premio Talento Mozo Galicia". GCiencia. Consultado o 2022-06-26.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Mujeres en ciencia e Innovación Arquivado 26 de xuño de 2022 en Wayback Machine. páxina web FECYT e UMYC