Saltar ao contido

Natalia Puente Prado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNatalia Puente Prado
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Morte2012 Editar o valor en Wikidata
Alcaldesa de Bóveda
1979 – Xosé María Rodríguez Castro → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfarmacéutica, política Editar o valor en Wikidata

María Natalia Puente Prado, nada na Parte (Monforte de Lemos) e finada en 2012, foi unha farmacéutica e política galega.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Prima de Otilia Castiñeira Puente. Licenciada en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela en 1951. Foi farmacéutica de Bóveda até a súa xubilación en 1991. Elixida concelleira de Bóveda polo terzo de representación familiar en 1973,[1] foi alcaldesa de Bóveda dende 1976, a derradeira antes das eleccións municipais de 1979. Formou parte do consello político provincial de UCD en 1982.[2] Nas municipais de 1991 presentouse na lista da Converxencia Nacionalista Galega.[3] Finou en 2012.[4]

  1. El Progreso, 25-11-1973, p, 3.
  2. La Voz de Galicia, 4-4-1982, p. 31
  3. La Voz de Galicia, 24-4-1931, p. 31
  4. Acordos Pleno Nº 02/2012 ordinario do 30/04/2012[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
?
 
Alcaldesa de Bóveda
 
? - 1979
Sucesor:
Xosé María Rodríguez Castro