Natalia Sanmartín Fenollera
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | A Estrada, España ![]() |
Educación | Universidade da Coruña ESIC University ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escritora, xornalista ![]() |
Empregador | Cinco Días (en) ![]() ![]() |
![]() |
Natalia Sanmartín Fenollera, nada no ano 1970 na Estrada[1] é unha xornalista e escritora galega.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aínda que de pequena quería ser bibliotecaria pola súa afección á lectura,[3] licenciouse en Dereito na Universidade da Coruña e realizou un máster en Xornalismo na Escola de Xornalismo do diario El País.[2] Posteriormente, especializouse en xornalismo económico tras realizar un Programa Integral de Desenvolvemento Directivo (PIDD) da Escola Superior de Enxeñeiros Comerciais (ESIC).[4]
En 2013 publicou El despertar de la Señorita Prim. A novela foi traducida a once linguas e chegou a máis de 75 países.[5] O libro xurdiu da necesidade de escribir unha historia que falase do valor das cousas sinxelas que se perderon no camiño cara ao progreso e a modernidade.[1]
En 2020, saíu a súa segunda novela Un cuento de Navidad para Le Barroux.[6]As monxas beneditinas da abadía de Notre-Dame de l'Annonciation du Barroux (Francia), pedíranlle á autora que escribise un conto para ler no refectorio, duranto o Nadal.[7]
É Xefa de Opinión do diario económico Cinco Días.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Delgado Salmador, Sergio (7 de maio de 2013). "El descubrimiento de una periodista". El País. Consultado o 20 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Navalpotro, José María; Carrera, José María (xaneiro de 2021). "Natalia Sanmartín: "Es más importante que nunca proteger el hogar como lugar natural de transmisión de la fe". Mundo Cristiano (732). pp. 12–17.
- ↑ Altozano, Gonzalo (28 de decembro de 2018). "Natalia Sanmartín Fenollera, novelista: "Soy partidaria de Mujercitas"". Woman Essentia. Consultado o 20 de xaneiro de 2021.
- ↑ Http://www.lecturalia.com, ed. (2021). "Biografía de Natalia Sanmartin Fenollera". Consultado o 20 de xaneiro de 2021.
- ↑ Cervera, Pablo (10 de decembro de 2020). "Natalia Sanmartín: "No hay ningún fin que justifique adulterar o desnaturalizar el culto y la fe"". Religión en Libertad. Consultado o 20 de xaneiro de 2021.
- ↑ Meseguer, Juan (26 de novembro de 2020). "“Urge aprender a detectar trampas en el lenguaje, también en el cristiano”". Aceprensa. Consultado o 20 de xaneiro de 2021.
- ↑ Redacción (6 de decembro de 2020). "Natalia Sanmartin: “La tarea urgente es transmitir la fe cristiana y preservarla de adulteraciones”". InfoVaticana. Consultado o 20 de xaneiro de 2021.
- ↑ "Encuentros: Natalia Sanmartin Fenollera". El Mundo. 18 de xullo de 2013. Consultado o 20 de xaneiro de 2021.