Nationale 7
Nationale 7 | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Nationale 7 |
Director | Jean-Pierre Sinapi |
Produtor | Pierre Chevalier Jacques Fansten |
Música | François Bernheim |
Fotografía | Jean-Paul Meurisse |
Montaxe | Catherine Schwartz |
Estrea | 6 de decembro de 2000 |
Duración | 90 minutos |
Orixe | Francia |
Na rede | |
Nationale 7 é unha longametraxe francesa do director Jean-Pierre Sinapi, estreada no 6 de decembro de 2000.
Sinopse
[editar | editar a fonte]O argumento xira ao redor de dúas personaxes, René e Julie. René é un discapacitado físico que polo que di parece ser que padece unha enfermidade dexenerativa. En vista de que perderá a función sexual antes ou despois por mor da doenza, decide que necesita ter sexo. Ao comezo é algo arisco e groseiro, ao non aceptar a súa enfermidade, mais conforme avanza a trama vai evolucionando e mesmo chega a ter unha relación sentimental cunha das enfermeiras ás que lles facía a vida imposíbel.
Julie é a enfermeira que acaba de chegar. É a única que se enfronta directamente a René e o pon no seu sitio. Será a encargada de lle buscar un encontro sexual cunha prostituta, feito que revolucionará a institución enteira.
De entre as personaxes secundarias, a que ten un papel máis relevante na trama é Rabah, un musulmán que despois de visitar Lourdes decide virar cristián. O feito de ser homosexual e manter unha relación sentimental con outro dos internos fai que as súas circunstancias persoais sexan algo peculiares. Quere ser bautizado baixo o nome de Johnny, polo seu cantante favorito e tendo á prostituta por madriña. A negativa dos traballadores do centro a que se celebre dita celebración será o que os leve a se manifestaren na estrada Nacional 7, impedindo o tránsito, acontecemento que dá título ao filme.
Elenco
[editar | editar a fonte]- Nadia Kaci: Julie
- Olivier Gourmet: René
- Lionel Abelanski: Roland
- Chantal Neuwirth: Sandrine
- Gérald Thomassin: Jean-Louis
- Saïd Taghmaoui: Rabah
- Nadine Marcovici: Florèle
- Julien Boisselier: Jacques
- Isabelle Mazin: Solange
- Jean-Claude Frissung: O director
- François Sinapi: Père Gilbert
- Franck Desmaroux: François
- Manuela Gourary: Unha prostituta
- Gilia Pallas: A muller anoxada
- Jacques Bondoux: Christian
- Dominique Lamure: O médico
- Nicolas Lecuyot: Fabrice
- Karine Leparquier: Cécile
- Stéphane Sinquin: Jean-Charles
- Valérie Crinière: A cociñeira
- Costanzo Sinapi: O home vello
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio do público no Festival de Berlín 2000
- Premio do público no Festival Cinématographique d'Automne de Gardanne 2000
- Premio FIPRESCI e Satyajit Ray no London Film Festival 2000
- Premio do público no Festival Internacional de Cine de Donostia 2000