Saltar ao contido

Natureza morta con cebolas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Bodegón con cebolas
(Nature morte avec oignons)
ArtistaPaul Cézanne
Data1895-1900
TécnicaÓleo sobre lenzo
Dimensións66 cm cm × 81 cm cm
LocalizaciónMuseo de Orsay

Natureza morta con cebolas (Nature morte aux oignons[1]) é un cadro do francés Paul Cézanne, pintado entre 1895 e 1900. Está realizado en óleo sobre lenzo e mide 66 cm de alto e 81 cm de largo. Estivo no Museo de Jeu de Paume e actualmente atópase no Museo de Orsay de París, Francia.

O xénero do bodegón é un dos favoritos de Cézanne, xunto á paisaxe e mailo retrato. Dentro del, son os seus temas predilectos as mazás e mailos froiteiros. Este en concreto pintouno en plena etapa de madurez (década de 1890).

  1. "Páxina do museo de Orsay sobre a obra.". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 01 de marzo de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Ambroise Vollard, En écoutant Cézanne, Degas, Renoir Grasset et Fasquelle, 2003.
  • Carrassat, P.F.R., Maestros de la pintura, Spes Editorial, S.L., 2005. ISBN 84-8332-597-7
  • Olivar, M., Cien obras maestras de la pintura, Biblioteca Básica Salvat, 1971. ISBN 84-345-7215-X

Outros artigos

[editar | editar a fonte]