Saltar ao contido

Nea Kameni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNea Kameni
Imaxe

Localización
Mapa
 36°24′N 25°24′L / 36.4, 25.4
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasunidade periférica de Thira
Concelloconcello de Thira Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación0 (2011) Editar o valor en Wikidata (0 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie3,4 km² Editar o valor en Wikidata
Medición2 (ancho) × 2 (lonxitude) km
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Altitude114 m Editar o valor en Wikidata

Néa Kaméni, en grego Νέα Καμένη, é unha pequena illa volcánica deshabitada de Grecia situada no mar Exeo, no centro da caldeira inundada de Santorini. Constitúe a parte activa do volcán que deu nacemento ás illas actuais do arquipélago de Santorini.

Nea Kameni e o veciño illote de Palea (ou Palia) Kameni (a nova e vella illas queimadas) formáronse nos últimos dous milenios polas repetidas erupcións de lava dacita e cinzas. O historiador romano Cassius Dio rexistrou no ano 47 dC "Este ano, un pequeno illote, ata agora descoñecido, apareceu preto da illa de Thera (Santorini)."[1] as principais erupcións nos últimos 300 anos tiveron lugar en 1707-1712, 1866-1870 (fusionouse co illote de Mikri Kaméni), 1925-1928, e 1939-1941. A última erupción, pequena, sucedeu en 1950 e involucrou a extrusión da cúpula de lava.[2]

Nea Kameni é case redonda e ten unha diámetro de aproximadamente 2 quilómetros e unha superficie de 3´4 km². Nea Kameni é monitoreada de cerca polos científicos do Instituto para o Estudo e Seguimiento do volcán de Santorini (ISMOSAV)[3] e é un sitio científico protexido. A illa ten moitas chemineas activas de xofre, así como unha alfombra de herbas vermellas suculentas no delgado chan no verán.

A illa, case estéril, é visitada diariamente por decenas de embarcacións de turistas durante todo o verán. Os visitantes soben un camiño de grava para chegar á cima dos 130 metros de altura do cráter, onde é posible completar un circuíto completo da coroa.

A caldeira de Santorini, con Nea Kameni no centro
O cráter volcánico de Nea Kameni
Barcos amarrados a grandes rochas de lava
  1. Dio's Roman History, Epitome of Book LXI.7.
  2. "Global Volcanism Program | Santorini | Eruptive History". Volcano.si.edu. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2021. Consultado o 2012-03-04. 
  3. Institute for the Study and Monitoring of the Santorini Volcano Arquivado 13 de abril de 2009 en Wayback Machine. Consultado o 2009-05-17

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]