Nebojša Gudelj
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 23 de setembro de 1968 ![]() Trebinje, Bosnia e Hercegovina ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 182 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Nemanja Gudelj, Dragiša Gudelj ![]() |
Nebojša Gudelj, nado o 23 de setembro de 1968 en Trebinje é un exfutbolista bosníaco que xogaba na demarcación de defensa e centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar no club da súa vila natal, o Leotar Treblinje, na Segunda División de Iugoslavia e en 1991 ficha por un dos grandes da liga do país, o Partizan de Belgrado, co que gaña o campionato da tempada 1993-94.
Ao ano seguinte ficha polo CD Logroñés da Liga Española, pero non consegue facerse cun oco no equipo e tras dúas tempadas deixa o equipo. No ano 1996 ficha polo CD Leganés, onde militaría outra tempada.
Trala experiencia na Liga Española viaxa aos Países Baixos onde militou oito tempadas no NAC Breda e se retirou no Sparta Rotterdam no ano 2005.
O seu fillo, Nemanja Gudelj, tamén é futbolista e actualmente milita no NAC Breda e é internacional coa selección de Serbia sub-21.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do xogador Arquivado 22 de marzo de 2012 en Wayback Machine.