Negros, Visayas
Tipo | illa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Negritos | ||||
Parte de | Visayas | ||||
Situado na entidade xeográfica | Visayas | ||||
Localización | |||||
Continente | Asia | ||||
División administrativa | Negros Island Region, Filipinas (en) | ||||
| |||||
Bañado por | Mar de Sulu, Mar de Bohol e Mar de Visayas | ||||
Características | |||||
Altitude | 2.460 m | ||||
Punto máis alto | Kanlaon (pt) (2.435 m ) | ||||
Superficie | 13.075 km² | ||||
Negros é unha illa filipina pertencente ás Visayas, situada ao noroeste de Mindanao, é a cuarta illa máis grande do país, cunha superficie de 13.309´60 km²,[1] e a súa máxima altura é o volcán Canlaón, de 2.460 metros. As principais cidades son Bacolod e Dumaguete. Está percorrida polos ríos Binalbagan, Ilog, Tolong e Tanjay.Negros é unha das moitas illas que compoñen as Visayas, que forma a división central da nación.
A illa basea a súa economía no sector primario: aquí prodúcese a metade do azucre do país, así como arroz, cocos, bananas, papayas, mangas... Extráese cobre e xeso.
Como rexión de Filipinas, oficialmente chámase Rexión da Illa de Negros (hiligaynon: Rehiyon sang Pulo sang Negros; cebuano: Rehiyon sa Pulo sa Negros; filipino: Rehiyon ng Pulo ng Negros), tamén coñecida oficialmente coa abreviatura "NIR" (non oficialmente "Rexión XVIII"), a 18ª e máis recente rexión de Filipinas, que comprende as cidades de Negros Occidental e Negros Oriental xunto coas súas illas e illotes periféricos correspondentes dentro dunha área rexional total de 13.350´74 km².[2][3]
Foi creada o 29 de maio de 2015 en virtude da "Orde Executiva Nº. 183" emitida por Benigno Aquino III, que era o Presidente da República de Filipinas nese momento.[4][5] Os habitantes predominantes da rexión da illa chámanse localmente Negrosanons. en 2015, a poboación total da Rexión da Illa Negros era de 4.414.131 habitantes, o que a converte na cuarta rexión máis poboada das Visayas.
Historia
[editar | editar a fonte]Época precolonial
[editar | editar a fonte]Negros orixinalmente chamábase "Buglas", unha antiga palabra Hiligainón que se cre que significa "cortada", xa que se cre que a illa foi separada dunha masa de terra máis grande por augas en ascenso durante a última glaciación. Entre os seus primeiros habitantes atopábase o pobo Ati, un dos pobos indíxenas, un de varios pobos indíxenas de pel negra, dispersos por todo o sueste de Asia e que posúe unha cultura única. As partes máis occidentais da illa pronto caeron baixo a dominio do Kedatuan de Madja-as das illas veciñas de Panay e Guimaras.
Colonización española
[editar | editar a fonte]Ao chegar á illa en abril de 1565, os colonizadores españois chamaron á terra Negros, logo de observar aos nativos de pel escura. Dous dos asentamentos nativos máis temperáns, Binalbagan e Ilog, convertéronse en cidades en 1573 e 1584, respectivamente, outros asentamentos do período incluíron Hinigaran, Bago, Marayo (agora Pontevedra), Mamalan (agora Himamaylan), e Candaguit (agora o sitio de San Enrique). En 1572, o rei Filipe II de España conferiu o título de Marqués de Buglas aos herdeiros de Juan Sebastián Elcano, o primeiro mariño en circunnavegar o mundo. O Marques actual é o 17º en liña, e reside en Silay, Negros Occidental.
Logo de nomear encomenderos na illa, Miguel López de Legazpi colocou a Negros baixo a xurisdición do gobernador de Oton, en Panay. En 1734, con todo, a illa converteuse nunha rexión militar con Ilog como a súa primeira capital. A sede do goberno foi transferida máis adiante a Himamaylan ata que Bacolod converteuse na capital en 1849. En 1865, Negros e as súas illas menores periféricas xunto con Siquijor converteuse nunha provincia político militar.
En 1890, a illa foi oficialmente dividida nas provincias actuais de Negros Occidental e Negros Oriental. O gobernador español, D. Isidro Castro e Cinceros, rendeuse aos revolucionarios, dirixidos por Aniceto Lacson e Juan Araneta, o 6 de novembro de 1898.[6]:520 O Xeneral Miller nomeou a Aniceto, Gobernador da Illa en marzo de 1899.[6]:520 O 9 de abril de 1901, a Segunda Comisión Filipina baixo a presidencia de William H. Taft chegou a Dumaguete. asSemanas máis tarde, o 1 de maio, estableceuse o goberno civil baixo soberanía americana, e o 28 de agosto, o Dr. David S. Hibbard fundou o que agora é a Universidade Silliman, coa axuda de Melitón Larena como o primeiro alcalde de Dumaguete, así como Demetrio Larena.
Negros Revolución e formación da República de Negros
[editar | editar a fonte]- Artigos principais: Revolución de Negros e República de Negros.
Do 3 ao 6 de novembro de 1898, o pobode Negros rebelouse contra o goberno colonial español encabezado polo gobernador político-militar, o coronel Isidro de Castro. Os españois decidiron renderse ao ver ás tropas armadas marchar nun movemento de pinza cara a Bacolod. Os revolucionarios, dirixidos polo xeneral Juan Araneta desde Bago City e o xeneral Aniceto Lacson desde Talisay, levaban armas falsas que consistían de rifles tallados en follas de palma e canóns de alfombras de bambú enrrolladas e pintadas de negro. Na tarde do 6 de novembro, o coronel de Castro asinou a acta de Capitulación, poñendo así fin a séculos de dominio colonial español en Negros Occidental.
En memoria deste acontecemento, cada 5 de novembro é día festivo na provincia.
O 27 de novembro de 1898, a República de Negros declarou unilateralmente a súa independencia, pero tivo unha curta duración e o territorio converteuse nun protectorado dos Estados Unidos o 30 de abril de 1899. O 22 de xullo de 1899, o estado declarouse de novo como República de Negros, e eventualmente disolto polos Estados Unidos e anexado polo Goberno militar dos Estados Unidos das Illas Filipinas o 30 de abril de 1901.
Os líderes da curta república foron:[7]
- Aniceto Lacson, 5 de novembro de 1898 - 22 de xullo de 1899 (ao 27 de novembro de 1898, en Negros Occidental)
- Demetrio Larena, 24 de novembro de 1898 - 27 de novembro de 1898 (en Negros Oriental)
- Presidente da Asemblea Constituínte José Luzuriaga, 22 de xullo de 1899 - 6 de novembro de 1899
- Secretario de Guerra Juan Araneta
- Gobernador Civil Melecio Severino, 6 de novembro de 1899 - 30 de abril de 1901
- Secretario de Xustiza Antonio Ledesma Jayme, 24 de xullo de 1854 - 9 de outubro de 1937
Formación de rexións
[editar | editar a fonte]As rexións formáronse por primeira vez o 24 de setembro de 1972, cando as provincias de Filipinas foron organizadas en 11 rexións diferentes polo Decreto Presidencial Nº. 1 como parte do Plan Integral de Reorganización do Presidente Ferdinand Marcos. Negros Occidental foi asignado as Visayas occidentais (Rexión VI) e Negros Oriental foi asignado as Visayas centrais (Rexión VII).
Establecemento
[editar | editar a fonte]O 29 de maio de 2015, o Presidente Aquino asinou a "Orde Executiva 183",[8] unindo as dúas provincias de Negros nunha rexión, a rexión da illa de Negros. Separou Negros Occidental e a súa capital Bacolod City de Visayas Occidental (Rexión VI) e Negros Oriental de Visayas Central (Rexión VII), facendo un total de 18 rexións en Filipinas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2010 Philippine Yearbook" (PDF) (23rd ed.). Manila, Philippines: National Statistics Office. ISSN 0116-1520. Consultado o 2015-12-14.
- ↑ Bueza, Michael (5 de xuño de 2015). "FAST FACTS: The Negros Island Region". Rappler. Consultado o 21 de xuño de 2015.
- ↑ Bustillo, Roy (20 de xuño de 2015). "Negros Island Region is now Region XVIII". CNN Philippines. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2015.
- ↑ "Aquino OKs creation of Negros Island Region". Philippine Daily Inquirer. 5 de xuño de 2015. Consultado o 5 de xuño de 2015.
- ↑ "PNoy joins 2 Negros provinces into one region". ABS-CBNnews.com. 5 de xuño de 2015. Consultado o 21 de xuño de 2015.
- ↑ 6,0 6,1 Foreman, J., 1906, The Philippine Islands, A Political, Geographical, Ethnographical, Social and Commercial History of the Philippine Archipelago, New York: Charles Scribner's Sons
- ↑ "World Statesmen - Philippines - Republic of Negros". Consultado o 18 de maio de 2017.
- ↑ "Executive Order No. 183, s. 2015". Official Gazette. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2015. Consultado o 12 de outubro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Negros, Visayas |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Official Website of the Provincial Government of Negros Occidental
- Official Website of the Provincial Government of Negros Oriental
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |