Neoescolástica
A neoescolástica é o renacemento e desenvolvemento da filosofía escolástica da Idade Media que tivo lugar dende a segunda metade do século XIX. É unha corrente filosófica centrada na recuperación e actualización da escolástica cristiá e, en especial, do pensamento filosófico e teolóxico de santo Tomé de Aquino. Algunhas veces, a neoescolástica foi chamada neotomismo, xa que foi Santo Tomé de Aquino quen deu forma final á escolástica no século XIII e, en parte, porque tomou forza a idea de que soamente o tomismo podía infundir vitalidade a unha escolástica do século XX. Na primeira metade do século XX, creáronse importantes escolas neotomistas, entre as cales destacan as de Lovaina (Bélxica), Laval (Canadá) e Washington (Estados Unidos).
A partir da encíclica Aeterni Patris (1889) de León XIII, o neotomismo converteuse, na práctica, na filosofía oficial da Igrexa católica, aínda que os desenvolvementos posteriores deste movemento neotomista foron progresivamente apartándose dos sectores como "escrava da teoloxía".
Orixes da neoescolástica
[editar | editar a fonte]A ruptura da tradición escolástica comezou no século XIV con Guillerme de Ockham e agravouse durante a época da Ilustración debido á tendencia á secularización do pensamento e a expansión da denominada relixión natural.
No século XIX prodúcense tentativas en diversos países para renovar a tradición escolástica. Un dos representantes máis importantes desta corrente será o filósofo español Jaime Balmes. Viaxou por toda Europa e contactou cos escritores católicos máis relevantes, como Chateaubriand ou o futuro papa León XIII. Criticou desde posicións próximas á filosofía escocesa do sentido común as correntes da filosofía moderna que considerou erróneas, sobre todo o escepticismo, o idealismo ou o panteísmo. O final da súa vida transcorreu en Madrid, onde escribiu as súas obras máis importantes e interesouse polo achegamento entre liberais e tradicionalistas; foi nomeado membro da Real Academia Española. Entre as súas obras cabe destacar O criterio (1845), sobre a certeza, e a Filosofía fundamental (1846).
O apoio definitivo da renovación da filosofía escolásticas será encíclica Aetemi Patris, do papa León XIII, chamado o "papa social", escrita en 1879. Neste documento denúnciase a ideoloxía de homes blasfemos, soberbios, sedutores, que se equivocan e inducen a outros o erro.
As doutrinas erróneas ás que fai referencia son, entre outras, o racionalismo, o materialismo, o idealismo e o positivismo. Aconsella seguir o exemplo dos filósofos que tentaron nestes últimos tempos restaurar a filosofía, renovar a preclara doutrina de santo Tomás de Aquino e devolvela ao seu antigo esplendor.
O movemento doctrinal reforzouse coa creación de centros de estudo de orientación escolástica. Institucións que teñen a súa orixe na exhortación da encíclica Aetemi Patris: As Academias fundadas por vós, ou as que habedes de fundar, ilustren e defendan a mesma doutrina (as de Tomás de Aquino) e úsena para a refutación dos erros que circulan.
Maritain e Gilson
[editar | editar a fonte]Neste intento de recuperar os valores cristiáns encádrase o filósofo máis representativo da neocolástica, o francés Jacques Maritain. Pódeselle considerar iniciador da corrente filosófica denominada humanismo cristián. Foi alumno de Bergson e adheriuse ao socialismo revolucionario; máis tarde converteuse ao catolicismo desde 1908, orientou o seu pensamento cara á obra de Tomé de Aquino. A súa meta é lograr que a filosofía tomista sexa mellor coñecida e aceptada por outras filosofías contemporáneas e, simultaneamente, desenvolver unha sociedade baseada en valores cristiáns.
Outro importante representante do neotomismo foi o historiador da filosofía Etienne Gilson (1884-1978), que realizou brillantes estudos e interpretacións do pensamento tomista. Ensinou na Sorbon, o Collège de France e na Universidade de Toronto. Foi un dos mellores medievalistas de todos os tempos.
A filosofía neoescolástica na actualidade
[editar | editar a fonte]O neotomismo non o único grupo filosófico de inspiración cristiá, xa que se poden atopar correntes seguidoras do agustinismo, do saurismo ou do escotismo. O que sucede é que o neotomismo é o grupo máis importante tanto pola súa influencia como polo número de seguidores asentados principalmente en Francia, Bélxica e Alemaña.
Actualmente,está considerado como un dos grupos espirituais máis recoñecidos; nas reunións da sociedade tomista estúdanse outras correntes filosóficas como o existencialismo. Tamén se poden atopar exemplos da apertura do tomismo cara a outras filosofías na bioética; cos seus estudos profundos do ser da persoa e da súa dignidade; ademais da defensa dos dereitos inalienables do home que non permiten a eutanasia ou o aborto.
Hai que destacar na actualidade o órgano bibliográfico da escola, o Bulletin Thomiste que publica anualmente unhas 500 indicacións de libros e extractos contando ademais con 25 revistas tomistas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Boersma, Hans, Nouvelle Theologie and Sacramental Ontology: A Return to Mystery, (Oxford: OUP, 2009)
- Cessario, R, A Short History of Thomism, (2005)
- Kerr, Fergus, After Aquinas: Versions of Thomism, (2002)
- Kerr, Fergus, Twentieth-century Catholic theologians, (Blackwell, 2007),
- Kerr, Fergus, ‘Thomism’, in The Cambridge Dictionary of Christian Theology, (Cambridge, 2011)
- Mettepenningen, Jürgen, Nouvelle Théologie - New Theology: Inheritor of Modernism, Precursor of Vatican II, (Londres: T&T Clark, 2010)
- Aveling, Rev. F. "The Neo-Scholastic Movement," The American Catholic Quarterly Review, Vol. XXXI, 1906.