Saltar ao contido

Orquídea do niño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Neottia nidus-avis»)
Orquídea do niño
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Liliopsida
Subclase: Liliidae
Orde: Asparagales
Familia: Orchidaceae
Subfamilia: Epidendroideae
Tribo: Neottieae
Subtribo: Listerinae
Xénero: Neottia
Especie: ''N. nidus-avis''
Nome binomial
'Neottia nidus-avis'
(L.) Rich. (1817)

A orquídea do niño, Neottia nidus-avis,[1] é unha especie herbácea pertencente á familia das orquidáceas.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Neottia nidus-avis.

Herba saprofita, carnosa, de cor marrón amarelada debido á ausencia de clorofila. Talos erectos, foliosos. Follas reducidas a escamas lanceoladas, envainantes. Flores dispostas en acios espiciformes máis ou menos laxos, con 6 pezas periánticas de cor marrón, con 3 pezas externas e outras tantas internas, similares en tamaño, a interna inferior (labelo) está diferenciada das outras 5 e é bilobulada; ovario situado en posición inferior con relación ao resto das pezas florais. Froito en cápsula oblonga que contén numerosísimas sementes.

É unha especie de tamaño pequeno a mediano que prefire o clima frío, é terrestre de cor marrón-amarela, en ocasións branca, cun groso talo envolto por 4 a 6 vainas e que florece na primavera e comezos de verán nunha sólida e densa inflorescencia erecta duns 37,5 cm de longo, con moitas flores fragantes dun cm de lonxitude case cubertas por unha escala de brácteas lineais.

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Atópase en Irlanda, Gran Bretaña, Noruega, Suecia, Finlandia, Dinamarca, Portugal, España, Francia, Illas Baleares, Córsega, Sardeña, Sicilia, Bélxica, Países Baixos, Alemaña, República Checa, Austria, Hungría, Suíza, Italia, Iugoslavia, Albania, Grecia, Bulgaria, Romanía, Polonia, Ucraína, Rusia Occidental, Siberia Occidental, Alxeria, Turquía e Irán.

Sinonimia

[editar | editar a fonte]
  • Ophrys nidus-avis L. (1753) (Basionymum)
  • Epipactis nidus-avis (L.) Crantz (1769)
  • Listera nidus-avis (L.) Curtis (1778)
  • Helleborine nidus-avis (L.) F.W. Schmidt (1793)
  • Helleborine succulenta F.W. Schmidt (1793)
  • Malaxis nidus-avis (L.) Bernh. (1800)
  • Serapias nidus-avis (L.) Steud. (1821)
  • Neottia abortiva Gray (1821)
  • Neottidium nidus-avis (L.) Schltdl. (1823)
  • Distomaea nidus-avis (L.) Spenn. (1825)
  • Neottia macrostelis Peterm. (1844)
  • Neottia squamosa Dulac (1867)
  • Neottia orobanchoidea St.-Lag. (1880)
  • Neottia orobanchoidea St.-Lag. (1894)
  1. Guía das orquídeas de Galicia. Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións