Saltar ao contido

Nerea Luis Mingueza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nerea Luis»)
Modelo:BiografíaNerea Luis Mingueza
Biografía
Nacemento1991 Editar o valor en Wikidata (32/33 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Carlos III de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióninformática teórica, divulgadora científica, enxeñeira informática Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Carlos III de Madrid (2014–) Editar o valor en Wikidata

Nerea Luís Mingueza, nada en Madrid en 1991, é unha enxeñeira informática española, especializada en enxeñaría artificial e cofundadora de T3chFes.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De nena construía coa súa irmá ordenadores de papel. Personalizábanos con adhesivos e metían algodón debaixo das teclas para conseguir un efecto abrandado. Imitaban a Sailor Mercury, o seu personaxe favorito da serie de manga Sailor Moon: unha guerreira cun mini-ordenador coa que Luís, aínda hoxe, sente identificada. O verán antes de entrar ao instituto creou a súa propia páxina de Sailor Moon, que mantivo durante catro anos.[1][2]

Os seus ámbitos de interese tecnolóxico son a realidade virtual, a intelixencia artificial e a robótica.[3] Graduouse en Enxeñaría Informática. Algún dos seus recordos da súa etapa universitaria, é que neses primeiros días de clase eran poucas mozas. Xa nos últimos anos notábase aínda máis, e na especialización da rama tecnoloxía eran menos, igual só tres en clase. O que fixo foi non só ir ás clases ou facer as prácticas, senón que viviu o estilo de vida universitaria dentro da delegación de estudantes, onde estaba en contacto con moitos profesores, coas ideas de meter novos graos que ían moi afíns ás liñas tecnolóxicas. A universidade foi unha contorna no que aprendeu a moverme.[2] Tamén realizou un Mestrado en Ciencia e Tecnoloxía Informática. É doutora en Intelixencia Artificial na Universidade Carlos III de Madrid.[4] Obtivo unha bolsa para acudir á Grace Hopper Conference nos Estados Unidos e iso foi o que a uniu completamente ao movemento Women in Tech.[5]

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

En 2013 foi cofundadora do evento gratuíto de ciencia e tecnoloxía T3chFest.[1] En 2014 formou parte da ANECA. De 2014 a 2018, impartiu clases de Programación no Grao de Enxeñaría Informática bilingüe, da Universidade Carlos III, así como de Intelixencia Artificial en videoxogos.[6] En 2017, uniuse á Fundación COTEC como experta en tecnoloxía, talento e xénero. Ese mesmo ano tamén se uniu á iniciativa Ciencia no Parlamento como vogal de Loxística e Eventos.[7]

Traballa como enxeñeira na empresa Sngular. En 2020 traballou como profesora da Escola de Organización Industrial de Madrid.[8] Ese mesmo ano foi profesora na Universidade de Nebrija na materia Human Robot Colaboration. En 2020 participou na presentación do Plan de Choque para a Ciencia e a Innovación do Goberno, celebrado na Moncloa.[1] Desde 2021 é profesora en Razoamento e Planificación Automática na Universidade Internacional da Rioxa.[5]

Non hai que ter medo á intelixencia artificial, hai que preocuparse por quen son os que deseñan, executan e lexislan estes sistemas.[9]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Premio Google Women Techmakers Scholarship na categoría Europea, Oriente Medio e África, en 2016.[5][1]
  • Nomeada nas Top 100 mulleres líderes, en 2018.[5]
  • Recoñecemento Innovadoras TIC pola Fundación Cibervoluntarios, en 2018.[10]
  • Condecoración da Orde do Mérito Civil, en 2019.[5]