Saltar ao contido

Nervio estatoacústico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nervio estatoacústico
O curso e as conexións do nervio facial no óso temporal.
Inferior view of the human brain, with the cranial nerves labelled.
Gray: subject #203
Ramas Nervio coclear, Nervio vestibular
MeSH Vestibulocochlear+Nerve
Nervios craniais
CN I - Olfactorio
CN II - Óptico
CN III - Oculomotor
CN IV - Troclear
CN V - Trixémino
CN VI - Abducente
CN VII - Facial
CN VIII - Vestíbulococlear
CN IX - Glosofarínxeo
CN X - Vago
CN XI - Accesorio
CN XII - Hipogloso

O nervio estatoacústico, nervio auditivo ou nervio vestibulococlear é o oitavo dos doce pares craniais. O seu nome débese á súa dobre función de audición e sensitivo para información nociceptiva. Leva a información dende o aparello auditivo ó cerebro. De camiño de oído ó cerebro atravesa o conduto auditivo interno, que se atopa no óso temporal.

Composición do nervio

[editar | editar a fonte]

O VIII par cranial está composto por tres feixes:

  • Nervio coclear: recibe información do órgano de Corti de tipo auditivo. Lévaa ó córtex temporal.
  • Nervio vestibular superior: recolle información do utrículo e dos condutos semicirculares superior e externo.
  • Nervio vestibular inferior: recolle información do sáculo e conduto semicircular posterior.

Funcións

[editar | editar a fonte]

Dúas funcións:

  • Auditiva: procede do órgano de Corti, pasa a través do nervio coclear e núcleo coclear, chega ós núcleos auditivos do troncoencéfalo e ó córtex auditivo, xeralmente no córtex temporal.
  • Nociceptiva: recollida polos nervios vestibulares. Permite obter información da posición da testa.

Unha lesión no feixe coclear produce xordeira do oído afectado. Nos outros feixes, prodúcense diversos síntomas: vertixe, perda de equilibrio etc.

Relacións

[editar | editar a fonte]

Atópase intimamente ligado co óso temporal. No interior do conduto auditivo interno relaciónase tamén co VII par cranial (nervio facial e intermediario de Wrisberg).