Neuroanatomía
A neuroanatomia é o eido da anatomía que estuda a organización anatómica do sistema nervioso, estuda innumerábeis ligazóns anatómicas entre os nervios do cerebro até a rexión periférica do corpo, centrándose en particular na estrutura interna do cerebro. A neuroanatomía comparada é a ciencia que analiza e contrasta os sistemas nerviosos das diferentes especies, dende os máis sinxelos até os mamíferos ou mesmo o ser humano. O primeiro rexistro escrito coñecido dun estudo da anatomía do cerebro humano corresponde a un texto exipcio, o papiro de Edwin Smith. O seguinte avance no desenvolvemento da neuroanatómía foi arredor de mil anos máis tarde, cando Alcmeón concluíu que o cerebro é o que goberna e dirixe ao resto do corpo, e non o corazón coma se pensaba até o momento. Un dos fundadores da neuroanatomía moderna foi o descubridor da neurona, Santiago Ramón y Cajal, premio Nobel de medicina no ano 1906[1].
Divisións anatómicas do sistema nervioso
[editar | editar a fonte]O sistema nervioso dos vertebrados está constituído polo encéfalo e a medula espiñal (sistema nervioso central, SNC), e polas conexións dos nervios que comunican co resto do corpo (sistema nervioso periférico, SNP).
Sistema nervioso central
[editar | editar a fonte]- Cerebro
- Mesencéfalo
- Protuberancia ou ponte
- Cerebelo
- Bulbo raquídeo
- Medula espiñal (Porcións cervical, dorsal, lumbar, sacra e coccíxea)
- Nervios Craniais I e II
Sistema nervioso periférico
[editar | editar a fonte]- Nervios Craniais III a XII.
- Nervios Espinais (Entre eles destacan 2 plexos no Plexo Braquial e Lumbosacro)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Neuroanatomía |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "History of Neuroscience". Society for Neuroscience. Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2008. Consultado o 2008-10-09.