Saltar ao contido

Neuroptéridos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Neuropterida»)
Neuropterida

Sialis lutaria (Megaloptera: Sialidae)
Clasificación científica
Reino: Animalia
(sen clasif.) Euarthropoda
Clase: Insecta
(sen clasif.): Endopterygota
(sen clasif.): Neuropterida
Ordes
Sinonimia

Neuroptera sensu Palker, 1982

Os neuroptéridos (Neuropterida)[1] constitúen un clado, ás veces situado no nivel de superorde, de insectos holometábolos cunhas 5 700 especies descritas, que contén as ordes Neuroptera, Megaloptera e Raphidioptera.

Historicamente, eran coñecidos como Neuroptera, pero este nome hoxe refírese a unha orde, que anteriormente era coñecido como Planipennia. Como son parte dos Endopterygota e están relacionados cos coleópteros, poden considerarse un taxon sen rango asignado. Pode dicirse tamén que alternativamente os Endopterygota poderían ser considerados un clado sen categorizar, que sería dividido en numerosas superordes (como Neuropterida) para indicar as estreitas relacións de certos grupos de endopterigotos.[2]

Os Mecoptera (moscas escorpión) eran anteriormente incluídas aquí tamén por algúns autores, pero en realidade pertencen aos Mecopteroidea (ou Antliophora), o clado dos endopterigotos contén tamén as moscas e as pulgas.

Os Neuropterida son insectos de aspecto bastante primitivo, con grandes ás pero músculos alares débiles, polo que o seu voo é torpe. A maioría son activos ao solpor ou de noite cando son adultos, e as larvas de moitos deles son acuáticos, e viven nos ríos. As larvas e en moitos casos tamén os adultos son predatores de pequenos artrópodos. Os neuroptéridos adultos oscilan en tamaño desde o dun pequeno mosquito ao das grandes libélulas (de 15 cm de envergadura alar); as maiores especies adoitan lembrar anódinos cabalos do demo de voo torpe.

Ademais das tres ordes vivas, hai unha familia completamnente extinta de Neuropterida, os monotípicos Rafaelidae. Estes teñen unha posición indeterminada pero probablemente bastante basal; así un só xénero, Rafaelia, do Cretáceo temperán da Formación Santana (Membro do Crato) do Brasil podería ser polo momento situado mellor directamente nos Neuropterida, sen asignalo a ningunha orde, ata que se encontre un parente ou a súa posición sistemática se resolva mellor.[2] A orde extinta dos Glosselytrodea pode tamén ser membro ou parente próximo, aínda que a clasificación non está clara.[3]

  1. "ITIS & Species 2000 Catalogue of Life Management Hierarchy". Integrated Taxonomic Information System (ITIS). 2017. Consultado o 16 January 2018. 
  2. 2,0 2,1 Haaramo, Mikko (2008): Mikko's Phylogeny Archive: Neuropterida. Version of 11 March 2008. Retrieved 5 May 2008.
  3. Grimaldi, David; Engel, Michael S. (2005). Evolution of the Insects. Cambridge University Press. ISBN 978-1-107-26877-7.