Nióbidas
Aparencia
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Uffizi_Gallery_-_Daughter_of_Niobe_bent_by_terror.jpg/300px-Uffizi_Gallery_-_Daughter_of_Niobe_bent_by_terror.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/f/fc/Sarcophagus_Niobids_Glyptothek_Munich_345_front.jpg/300px-Sarcophagus_Niobids_Glyptothek_Munich_345_front.jpg)
Os Nióbidas eran, segundo a mitoloxía grega, os fillos e fillas de Anfión de Tebas e Níobe. O mito di que Níobe ousou fachendear ante Leto porque esta só tivo dous fillos (Ártemis e Apolo), mentres que ela tivo moitos máis, un exemplo clásico de hybris.[1] Por este motivo, Apolo e Ártemis asasinaron os fillos de Níobe coas súas frechas. Apolo disparou aos varóns e Ártemis ás mulleres. Porén, segundo algunhas fontes houbo dous Nióbidas que suplicaron a Leto para salvarse: Apolodoro di que foron Melibea (Chloris)[2] e Amiclas.
Os Nióbidas foron soterrados polos deuses en Tebas. Ovidio remarcou que tódolos homes lamentaron a extinción da liñaxe de Anfión, mais ninguén consolou a Níobe, agás o seu irmán Pélope.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nióbidas ![]() |
- ↑ Robert Graves, The Greek Myths, 1960, §77.
- ↑ "Melibea puxérase tan pálida polo medo que aínda era alcumada Cloris cando casou con Neleo anos máis tarde." (Graves 1960:259).
- ↑ Ovidio Metamorfoses, VI.401-04.